O sábado 13 de xaneiro dábamos comezo ás actividades xuvenís do 2018. Como xa é tradicional o noso centro xuvenil, no mes de xaneiro, mes de Don Bosco, convírtese nun fervedoiro de xente que se apuntan ás actividades ou simplemente se achegan a gozar do ambiente e acompañar ás súas amizades.

Nestas datas tan especiais non podiamos deixar pasar a oportunidade de propoñer unha actividade alternativa, os xogos de rol e de mesa. Xa na segunda edición, esta xornada contou cun grupo asíduo e coñecedor desta temática (participantes na primeira edición levada a cabo en marzo 2017) ao que se lle foron sumando mozos e mozas que se achegaban ao centro xuvenil (o mellor lugar no que estar nestes días fríos e chuviosos) descoñecedores do evento.

A Asociación Freak foi a encargada de dinamizar, sendo moi bos coñecedores das clásicas e novas propostas de xogos. Agradecemos a súa colaboración e a participación dos 4 voluntarios e voluntarias que se achegaron a botar unha man e pasar unha boa tarde.

Pinchando aquí poderedes ver unha escolma de fotos.

 

Agardámosvos na III Xornada de rol e xogos de mesa!