O final do primeiro trimestre chegou e, con el, a satisfacción dunhas boas notas, reflexo dun esforzo constante durante o trimestre; a ilusión por compartir máis tempo coa familia e a necesidade de ter uns días de descanso. Con esta mestura de sensacións chegou á nos a alegría do Nadal.

como soen dicir os profesores durante o curso: "hai tempo para todo". Por iso desde Abertal queremos ofrecer a VII edición de Mañás de Nadal. Un espazo e un tempo para compartir. O tempo do Nadal é moi longo e non podemos quedar metidos na casa, por iso as mañás do 22, 26, 27, 28, 29 de Decembro e, 2, 5. 3, 5 de Xaneiro dende as 08: 45 h. da mañá ata as 14:00 h. da tarde, son  para os máis pequenos da casa.

Os nenos e nenas de infantil e primaria gozan dunhas actividades alucinantes como elaboración de adornos para a árbore de Nadal, obradoiros de cociña, saídas pola cidade, xogos cooperativos,onde están aprendendo o que é o equipo,

Alégranos que cada ano se sumen ás mañás de Nadal rapaces que son de diferentes puntos de Vigo. Queremos que Abertal sexa un lugar para rir, soñar, xogar, imaxinar e crear, de todo menos aburrise.

Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos.