“Non sempre que avaliamos é porque fixeramos algo mal, senón porque queremos que todo saia mellor” díxonos Sonia Núñez, orientadora do Colexio Salesiano María Auxiliadora de Vigo, no bloque formativo desta  Asemblea de Nadal. Esta frase é resume excelente do porqué nos xuntamos o venres 21 ás 17:00 h da tarde os animadores de Abertal.

As asembleas conxuntas realízanse dúas veces ó ano. Invítase a tódolos animadores e voluntarios dos diferentes proxectos que se ofrecen desde abertal. Son un momento de encontro, que nos axuda a coñecernos mellor; de formación; de avaliación e de celebración.

Nesta Asemblea de Nadal comezamos cunha dinámica teatral na que, por grupos, tiñamos que representar diferentes momentos da vida de Abertal. Logo, despois dunha exposición sobre a situación económica de Abertal deste ano 2017- 2018, tivemos un bloque formativo impartido por Sonia, no que tratou de axudarnos a facer unha avaliación en positivo e non en negativo.

Cara ó final da tarde o grupo de Refencia II preparou unha celebración, un momento para facer silencio interior, pasar polo corazón  e agradecer o vivido neste trimestre. Saímos cara a cea compartida renovados, sabéndonos un regalo e unha luz para os demáis.

Unha vez rematada a cena, e feita a entrega dos agasallos do amigo invisible, gozamos dunha noite de Karaoke e baile na sala de xogos.

Para ver as imaxes aquí