A felicidade non é un acto momentáneo, senón algo que se vai construíndo Igual que as receitas, que se preparan mesturando diferentes alimentos; 150 gr de fariña, 100 de azucre, unha pizca de sal... a felicidade da vida tamén vaise facendo así, xuntando pequenos momentos que lle dan un sabor especial. Cada un de nos é, ou pode ser, parte de esta receita que da sabor á felicidade.


Isto sábeno ben os nenos do colexio María Auxiliadora de Vigo, que durante este ano van a poñer en funcionamento a ese chef que levamos dentro e tratarán de descubrir a qué sabe a felicidade, pero non só iso, tamén queren ser eles mesmos parte da felicidade dos demais. Porque cando un é feliz, non o esconde para el só, senón que o comparte con todos e quere que os demais tamén sexan felices.
Por iso, neste afán de que a ninguén lle falta un sorriso nestas festas de Nadal, o día 21 de decembro, guiados pola comisión de solidaridade, xuntámonos máis de 120 voluntarios dende as 16:00h. Ata as 21:00 h para clasificar os alimentos que a xente deixou nalgúns establecementos da cidade e os propios rapaces trouxeron ó colexio. Estes alimentos foron empaquetados e levados á cáritas. Unha vez alí, o grupo de voluntarios da cáritas parroquial, repartirao ás familias que máis o precisen. Cada un de nós vai a estar presente nesas casas aportando sabor á  súa felicidade.
Ó final da tarde tivemos un rato de oración na Igrexa, preparado por os grupos de Catecumenado. Axudáronos a actualizar o “himno ó amor” da primeira Carta de San Paulo ós Corintios, e a darnos conta de que o verdadeiro amor é o que se pon nas obras e non só nas verbas.
Por último, para recobrar forzas e compartir o vivido, tivemos un chocolate quente con rosca.

E para ver as fotos pincha aquí.