O Nadal chegou a Alternativa Vaivén. As campás de Noiteboa están a piques de soar e, como unha familia que somos, xuntámonos no último sábado deste ano para celebrar o Nadal un pouco particular.

ADS colleu un tren rumbo a Compostela, o venres pola tarde, onde viviron a derradeira etapa da aventura do Compostela Express. Tiveron a sorte de poder unirse o sábado aos Scouts do centro xuvenil Don Bosco que realizaron a súa Operación Quilo con xogos tradicionais na rúa. O domingo tiveron a Eucaristía, momento de facer silencio para acoller e agradecer o vivido.
Andaina e Saltimbanquis comezaron a mañá na igrexa cantando, xa que o Nadal é un momento alegre. Despois de escoitar no evanxeo como  os Sabios de Oriente leváronlle incenso oro e mirra ó neno Xesús...nos quixemos ser coma ese magos e tamén lle levamos os nosos presentes, simbolizados nas nosas mans abertas,  e ofrecémosllo a Xesús.
Logo, mentres que os saltimbanquis, da man de Teranga, foron por tódolos continentes coñecendo as costumes do Nadal, os andainas traballaron o seu sexto sentido, o sentido Andaina.

E para ver as fotos pincha aquí.