Entre o 24 e o 26 de Novembro os membros de Ini1 e Ini2 asistiron ao DonBosco.com-tigo, un encontro que tivo lugar en León no que os mozos e mozas de 3° e 4° da ESO puideron reencontrarse con outros rapaces/as de outros lugares de Galicia e España, facer novos amigos e o máis importante: reflexionar sobre distintos temas, sacar conclusións e asistir e participar en momentos de oración.

O tema principal deste ano foron as palabras e actos negativos, como: inxustiza, sufrimento, aforro, transformación... aprendemos a entender mellor termos coma estes e debatimos os diferentes temas desde a nosa experiencia.
O primeiro que fixemos ao xuntarnos todos foi separarnos por grupos onde mezclaban xente de cada lugar de procedencia, unha idea xenial para coñecer xente nova, a primeira noite foi de presentación nos grupos e de seguido descansamos para o día que tiñamos por diante. A mañá seguinte comezamos con xogos que trataban experiencias malas que ocorrían na nosa vida(desigualdade,inxustiza,violencia,sufrimento...) ;pola tarde comezamos cun mercado no que nos propoñían mercar palabras que vendían como se fosen as mellores (aforro,asegúrate,recorda,transforma...), nós decidiamos cales mercariamos, pero ao final da tarde desveláronnos o verdadeiro significado destas palabras, que non era o que parecía. A última noite prepararon distintas actividades(batalla de galos, torneos, just dance, zona gamer...) e podiamos asistir a que quixeramos e ir rotando. O derradeiro día xuntámonos co noso grupo de orixe para facer un compromiso que teriamos que cumplir ao longo do ano, despois os grupos mezclados puxeron un pouco da súa parte para axudar na eucaristia, coa que rematamos o noso acto.
Foi un acto no que nos sentimos moi ben, no que nos puidemos expresar, dar a nosa opinión e disfrutar moito. Un acto digno de repetir!

Aquí podes ver as fotos da fin de semana.