III Magosto Rock.

Preto dun cento de participantes xuntáronse polo san Martiño en abertal para a celebración do Magosto Rock.

Desde as primeiras horas da tarde e tralas reunións de catecumenado, as mozas e mozos implicados na organización do evento estaban rebumbiando e ultimando detalles para a noite:

compras de última hora, revisión de reservas, aparellos musicais, ensaios... mais so cando se acendeu o lume e o fume empezou a campear polo patio de abertal, comezaba realmente o magosto.

Chourizos, criollos, castañas, e sobremesa... fixeron entrar en calor a todos os presentes. Mais a festa non remataba coa comida... había concerto!! Preto dunha ducia de temas entre uns e outros foron alongando o encontro ata a media noite.

Bo ambiente, mellor compañía, festa entre todas e todos!

Mirade as fotos para comprobalo!

Viva o magosto!!!