Os lumes, o Domund, o mundo enteiro... Un casting de selección moi especial artellaron as e os ADS para descubrir as habilidades de cadaquén para colaborar é mellorar o mundo enteiro, e o pequeno mundo onde cada unha e cada un vive.

Precisamente porque se trataba de sensibilidade as e os andainas encargáronse de realizar unha morea de actividades sobre os sentidos: aprender a sentir, para descubrir o que se pode facer... (Non sempre doado, mais apaixoante).
Seña como for as habilidades e sentir o que hai ao noso redor sempre piden é chaman pola nosa creatividade á hora de responder, foi por iso que a pandilla de Juanito, as e os saltimbanquis de Abertal estiveron á exercitarse no baile, nas manualidades,... Para seren creativos tamén cada día!
As animadoras e animadores deron o mellor de si para facer desta, unha xornada xeitosa: á escolma fotográfica da boa conta delo!
Ata a vindeira semana.