O 31 de xullo ás 7,45 h. da mañá dábamos o pistoletazo de saída ó XXIX Campamento urbano de Vigo que tiña por lema “Xoga con Vigo”.

Cando as portas se abriron o equipo de voluntariado, todos, incluídos os xa veteranos doutros anos, incluso aqueles que participaron coma nenos, tivo, cando menos os primeiros 15 minutos unha mestura de sensacións no seu interior que parecía que nos faltaba o aire e é que 500 nenos, cos seus nomes e apelidos e coa súa particular mochila ás costas, necesariamente provoca esa sensación. A mestura de sensacións que tiñamos dentro era un medo á non estar á altura; curiosidade por ver como se traballa en conxunto e en favor de tantos que esperaban de nós, a nós mesmos, que lle dedicaramos un anaco do noso verán para que eles puideran ter, no medio dun calor de afogar, unha experiencia refrescante; e coma non, nervios. Eses nervios que xorden ante unha nova tarefa (un concerto, un partido, unha obra de teatro), que non nos abandonan aínda que leves toda a vida dedicándote a iso, porque ese nervios son os que nos manteñen vivos e alerta. Son os que conseguen non acomodarnos, estar sempre vixiantes e rápidos para actuar.  
Foi o meu campamento Urbano e non podo dicir outra cousa que gracias. Gracias a todos os voluntarios, quen, sen o seu esforzo non sería posible o campamento; gracias a Abertal por facelo posible e gracias ós nenos. Non ós 450 á vez. Non. Senón a cada un deles en particular por permitirnos, algúns máis outros menos, adentrarnos cos pes descalzos na súa vida e na súa historia. Sempre se pode aprender, xa que nunca o home estará completo o 100% e creo que todos nós puidemos sacar moitas ensinanzas destes nenos.
Despois de dúas intensas pero fermosas semanas toca dicir adeus ó XXIX campamento Urbano e, case seguro, dicir, ata o ano que ven!