Celebramos o día de Europa cunha variedade de actividades. Para os máis pequenos e pequenas unha viaxe por Europa. Todos e todas preparadas coas súas mochilas viaxeiras comezaron un percorrido por diferentes países coñecendo dende o arte urbano, monumentos históricos, personaxes famosas ata cancións populares.

Continuamos a celebración o venres 12 cunha Exposición titulada “Segredos de Europa” onde as fantásticas Voluntarias europeas procedentes de Italia, Grecia, Polonia e Portugal, realizaron unha mostra polos seus países cos segredos máis marabillosos; unha exposición fotográfica onde viaxamos polos recunchos mais singulares dos diferentes países, música ambientando e unha mostra das dotes culinarias das voluntarias onde degustamos pratos tradicionais e onde os máis mozos e mozas sorprendéronse con algúns dos sabores e cores.

Todo isto xurdiu na sala do centro xuvenil, un marabilloso encontro multicultura onde tivemos o privilexio de recibir convidados e convidadas das entidades como San Rafael e Emaús.

 

Aquí podes ver as fotos!