Non sei se as persoas que están a ler isto saberán en que consiste exactamente A Pascua, e que significa realmente. Eu mesma fun sen saber que íamos a vivir, que ía a pasar ou que esperarme deses tres días en Arévalo. Non quero deixarvos coa  intriga  e xa vos adianto que a experiencia foi moi boa, pero quero comezar polo principio.

Saltándome todos os detalles da viaxe en furgoneta ou da pelexa polo poder da música no traxecto, que durou case 5 horas, chegamos ao noso destino: O colexio salesiano de Arévalo. A partires dese momento comezamos a VIVIR a Pascua. Organizámonos en grupos e xuntámonos con outros centros xuvenís da Inspectoría. En total eramos unhas 140 persoas entre rapaces, salesianos, salesianas e animadores e animadoras. As actividades, os oficios e os tempos de reflexión repartóronse entre os respectivos grupos de pascua, e dicir, grupos formados por persoas de distintas procedencias (eu, pertencía ao grupo 8) e por grupos de orixe, segundo o  teu centro xuvenil (en meu caso, Abertal).
Na  Pascua  celébranse a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús e eses tres acontecementos vivímolos compartindo momentos cos grupos. Tivemos momentos de reflexión persoal, de posta en común e de oración. Persoalmente, non só comprendín e reflexionei acerca do que se recorda da vida de Xesús, senón que tamén aprendín, emocioneime e coñecín como podemos encontrar a Deus non só na  oración, senón tamén na vida de cada día: en lavar os pes a próximo ou  en axudar a cargar a cruz ao que temos ao carón.
Finalmente, dicir que houbo momentos nos que choramos, rímos e cantamos. Pero sen dubida o máis importante e o mellor momento foi a felicidade de recordar que Xesús non so morreu, senón que resucitou.

Aquí unha escolma de fotos

Inés Cardero Neri - Catecumenado I