Excursión Fin de Trimestre de XINXíN

O xoves dia 6 de Abril fixemos dúas excursión, por una banda  as sedes de Coia e Rivera Atienza xuntáronse para ir ao parque de Castrelos cos rapaces e rapazas. E por outro a sede de Abertal visitamos a exposición "Hoxe toca Prado".

As sedes de Coia e Rivera Atienza comezamos cun ratiño de xogo libre no parque infantil para despois facer unha pequena merenda ao carón das árbores onde aproveitamos para coñecernos un pouquiño entre todos e todas.


Despois deste ratiño de relax comezamos cos xogos e a diversión. Carreiras de relevos variadas, xogos con paracaídas e moitas, moitas risas completaron a nosa tarde en Castrelos. A mellor despedida antes das vacacións!!!


O grupo de Abertal  cos máis cativos acudimos á murralla de Vigo para merendar e gozar dun pouquiño da historia da nosa cidade e gozar das estupendas vistas. Despois da merenda, xa con enerxías renovadas dirixímonos a una exposición moi especial, una mostra accesíbel  titulada  “Hoxe Toca Prado” na Pinacoteca Fernández del Riego. Todos e todas preparadas cos antefaces e os cascos, entre risas nerviosas, coas indicacións da nosa guía, preparados xa diante dos cadros para facer un percorrido táctil das pinturas máis representativas do Museo Nacional, unha fantástica experiencia sensorial!!!


O grupo de secundaria tras pasar un intenso trimestre, cansados de tanto estudar aproveitamos este último día xa sen deberes, para ver un vídeo da campaña do Ministerio de Sanidade, Servizo Sociais e Igualdade sobre as formas máis común de violencia de xénero entre os e as adolescentes. Falamos e debatemos sobre os conceptos de control, espiar, obrigar entre outros. Unha xornada de reflexión e para rematar un pequeno xogo para gozar todos e todas xuntas como aperitivo das vacacións.


Aquí podedes ver o vídeo da campaña:

https://www.youtube.com/watch?v=ub9rWnmiq_g



Aperta e ata pronto