Joana, Eleftheria, Adriana e Agnieszka durante unha semana tiveron a ocasión de compartir con outros e outras 21 mozas a formación á chegada en Culleredo coa finalidade de facilitar a súa adaptación ao novo contexto social e cultural,  traballando habilidades comunicativas, aprendizaxe intercultural entre moito máis. Compartiron espazos para reflexionar sobre os obxectivos de aprendizaxe que poden desenvolver durante a duración de todo o proxecto e favorecendo o coñecemento mutuo entre os e as voluntarias para  construír redes.
Cada una delas cóntanos a súa experiencia


Agnieszka
A formación á chegada foi unha experiencia fantástica para min. Toda a semana pasou por diferentes actividades con persoas doutros países de Europa como Ucraína, Rusia, Italia, Portugal, Repulica Checa, Reino Unido, Francia realmente axudoume  abrir máis a miña mente. Foi unha oportunidade para coñecer novas personalidades e un gran cambio para intercambiar ideas e puntos de vista. Esa experienza convenceume aínda máis de que o EVS é una experiencia de  aprendizaxe, centrado en gozar o momento. Desde a miña chegada, trouxen comigo dúas frases importantes, unha delas é "empoderarse" e a segunda  é "dar de ti mesma o que estás a recibir". A Coruña por suposto tomou un lugar especial no meu corazón despois desta experiencia.

Eleftheria
A formación á chegada foi unha experiencia vivida e intensa. Unha pausa tónica que nos en chou de enerxía, resolveu cuestións e foi o inicio de novas amizades e viaxes.

Joana
A semana pasada en Culleredo foi fantástica, moi intensa e gratificante.
Foi unha sorte na miña vida coñecer tantas persoas boas e moi diferentes.

Adriana
A formación á chegada é unha experiencia moi intensa. Vives durante 5 días nunha burbulla de xabón: nun ambiente transparente, protexido e acolledor. Pero non estas só, compartes a túa vida con outras persoas que, quizás, non vexas nunca mais pero vasche coa sensación de coñecelos de toda a vida.