O pasado 4 de marzo de 2017, Andainas e Saltimbanquis compartiron temática. Rapaces e rapazas andainas viaxaron aos anos 70, época do espertar das liberdades, do movemento hippy, da non violencia.

Reviviron algúns dos xogos cos que gozaran os seus pais e nais; e a continuación tentaron relaxarse con algunhas das posturas de ioga.

Saltimbanquis entraron na mesma dinámica de paz e tranquilidade, polo que o seu tempo na corda estivo presidido por un conto sobre a paz e a non violencia. O silencio e a relaxación tamén foron un bo xeito de ramala mañá.

ADS saíu xogar por Vigo coa intención de coñecer un pouco máis a nosa cidade e algúns puntos emblemáticos (algúns máis agochados que outros). Cada un deses lugares foi excusa para facer unhas fotos, a botella mareada, troncos rodantes, carreira de obstáculos, etc. Coa axuda dun mapa sinalado e por grupos, recorreron algúns dos lugares máis fermosos, dos que quedaron constancia nas fotos (para velas pincha aquí).