Animadores a animadoras de catecumenado tiñan preparadas dúas actividades para o venres 17 de marzo. Comezabamos a tarde cun obradoiro de oración; dous grupos para os de bacharelato (catecumenado) e outro tres para os grupos de Iniciación (3º e 4º da ESO).

Ver, sentir e abrazar, foron as palabras en torno as que xirou este momento, que traducidas, quixéronnos lembrar á oración, o xaxún e a limosna da Coresma.

No segundo momento da tarde abríronse as portas da Aula Magna do colexio Salesiano Mª Auxiliadora, ás 19,00h., para acoller o encontro coas familias. Unha presentación do que era o Catecumenado (elaborada polos rapaces e rapazas dos grupos de Iniciación ao Catecumenado) e o que viñemos facendo ato o de agora, deu paso ás explicacións pertinentes sobre o novo funcionamento de inscrición nos campamentos de verán (preincrición, datas, informacións varias).

Xa na tardiña, animadores, animadoras, rapazas, rapaces e familias xuntámonos na Sala de Xogos, para merendar algo, e ao redor dunha mesa, seguir falando e compartindo inquedanzas.

Aquí podedes ver algunhas fotos que dan fe de elo.