Co bo sabor de boca que nos deixara a anterior formación en rol e xogos de mesa, quixemos xuntarnos unha tarde de sábado e abrir as portas á cidade para aprender, pero sobre todo xogar.

Contamos coa colaboración da Asociación Freak, trouxeron unha morea de xogos e foron explicando os que máis interesaban e chamaban a atención. A fume de carozo nos distribuimos nas diferentes mesas, cada unha tiña unha persoa que nos presentaba o xogo e nos ía ilustrando a historia. Debido á diversidade das idades dos participantes de entre 12 e 35 anos, sen querelo, xuntámonos por idades proximas e intereses parecidos e comezamos a tarde.

Dinosauros, monstruos, zombis e ananos, eran as personaxes que máis abundaban nos taboleiros; cousa que agradou ao público máis coñecedor destes eventos. Comezamos ao redor das 18,00 h. e eran ás 21,00 h. cando acabamos de recoller todo o material.

Pareceunos oir que algúns e algunhas estaban quedando para botar unha partida, polo que xa estamos pensando nunha data para facer a vindeira Xornada de rol e xogos de mesa.

Agradecer de novo a colaboración da Asociación Freak, agardámosvos para a vindeira edición.

 

Aquí hai unha escolma de fotos da xornada.