imprimir

Logo dunha semana que semellaba primaveral, comezamos cun chaparrón o sábado 18 de febreiro en Alternativa Vaivén. Foron os máis atrevidos e atrevidas as que chegaron correndo algo mollados e entraban nas súas salas de ADS, Andaina e Saltimbanquis para quentalo corpo.

Esto non foi moi complicado xa que na sala de xogos, os máis maiores, enseguida sacaron os xogos de mesa no que o jenga converteuse en protagonista xunto co futbolín. Subindo as escaleiras, un piso máis arriba no noso centro xuvenil, estaban na súa sala Laranxa, un grupo xeitoso de Saltimbanquis. Estes comezaron a mañá lendo o conto de Leotolda, e coa intención de atopala, seuiguindo as pistas que lles ofrecían os seus compañeiros, atoparon as calidades dun bo amigo ou amiga como o foron Juanito e Xesús, exemplos a seguir. O grupo máis valente, Andaina, fixo a súa acollida no patio chegándose a xuntar un bo número de rapaces e rapazas para xogar ao ninja. Déronlle continuación a súa aventura na máquina do tempo viaxando á Idade Moderna, a época dos grandes descubrimentos e inventos, por iso fixeron uns experimentos; cun problema, os científicos eran moi despistados e nun descoido perderon os materiais necesarios para facer os experimentos, foron os andainas os que se serviron das súas habilidades para atopalos.

O final da actividade retrasouse para os mozos e mozas de ADS xa que tiñan que tomar unha grande decisión, que marcaría o resto do curso.... Cada grupo, definido do sábado  anterior, presentou ao resto a súa proposta de proxecto autoxenerado. Logo das diversas intervencións, tivo lugar a votación do que querían facer a final de curso. Finalmente, a saída ao Parque Acuático de Cerceda foi a que máis convenceu a todos os alí presentes. Soñando coa posibilidade de acampar na Coruña, marcharon para casa. Ata a vindeira semana!!

Aquí unha escolma de fotos.