Moi diversas foron as actividades desenvolvidas hoxe nos distintos movementos da Alternativa Vaivén. Nin os temporais nin as alertas puideron co entusiasmo e a paixón dos nenos e nenas.

Unha intensa e movida acollida en Saltimbanquis deu paso a, coa colaboración de Amino, a un obradoiro de conctacontos, música e pintura sobre a prevención de determinadas formas de violencia.
A máquina do tempo púxose de novo en funcionamento e levou á tropa dos Andaina ata Idade Media onde ademais de prepararse para un torneo medieval prepararon unha xeitosa receita que puideron saborear na casa.
Tras das actividades extraordinarias que viñeron celebrando nas últimas semanas, as e os ADS empezaron a artellar a súa aventura autoxerada; organizados por pequenos grupos estiveron argallando e deixando chover ideas variadas... ao longo da semana poñeranse de acordo para presentar aos demais cada grupo cadanseu proxecto, que logo será votado e, o que sexa maioritariamente secundado, levado adiante en común.
A escolma de fotos deixaravos ver algo do vivido.