No mes de xaneiro, querendo soñar con eventos de igual calado que os do Bicentenario de Don Bosco, volvemos traballar en colaboración coa Libraría Don Bosco nunha actividade lúdica e educativa pero con un ton de novidade. Isto eran os Contapintacontos.

Esta actividade foi dinamizada por dous profesionais da animación á lectura e da ilustración, Olalla González e Marc Taeger. Moitos eran os que se preguntaban que era isto dos Contapintacontos e na mañá do sábado 28 de xaneiro de 2017, pequenos e maiores descubrimos como a libraría se podía transformar nun lugar máxico no que gozar das aventuras dos contos de "Garavanciño" e "A verdadeira historia de carapuchiña vermella". Fomos mergullándonos nos relatos ao mesmo tempo que o ilustrador nos axudaba a facernos unha idea das personaxes. Cando xa sonaban os aplausos, sendo hora de rematar, a emoción embargou aos curiosos espectadores e pediron unha última historia que non estaba prevista, a de Artur. Soñando novas aventura e con ganas de repetir, dimos por finalizada a mañá e nenos e nenas reuníronse coas familias ás que lle tentaban resumir apresuradamente o entretida que fora a mañá.

 Para ver as fotos destas actividades da mañá do 28 de xaneiro de 2017 preme aquí.