imprimir

O pasado 15 de decembro tivo lugar a festa de Nadal do proxecto de apoio escolar e ludoteca na sede de Abertal, na Rúa Venezuela 3 (baixo). As responsables do proxecto en Rivera Atienza, Abertal e Coia acordaron convidar a familias e fillos/as coa intención de coñecerse mellor e pasar unha boa tarde todos e todas xuntas sen estar rodeados de libros e deberes; non había mellor xeito de pechar este trimestre e compartir ilusións para os vindeiros.

Uns membros moi importantes deste proxecto son os voluntarios e voluntarias, que tamén estiveron convidados a gozar dun chocolate quentiño, xa que o corpo ben o pedía. Pais, nais, irmáns, irmás, avós, avoas, fillos, fillas e demais familia foron convidados a esta festa Nadal coa única premisa de pasalo ben, e si se animaban, facer un doce típico da súa familia e traelo para compartir co resto de convidados.
A tarde transcorreu entre xogos de mesa, partidas de futbolín e pinpón, xogos de cartas, karaoke, bailes, etc. Entre tanta troula houbo tempo para merendar ese chocolate quentiño que nos prepararan en Abertal, acompañado dos doces caseiros.
Cando xa estaba rematando a xornada derámonos de conta que cumpríramos os nosos obxectivos, persoas voluntarias, destinatarias e demais familias, independentemente da zona de Vigo da que proviñeran, intercambiaran experiencias, compartiran un anaco do seu tempo e pasaran un rato ben agradable.
Xa que era un día especial, alongamos a actividade ata as 20,00h. e aínda así, algúns e algunhas se lles fixo curta a tarde. Despedímonos coa intención de repetir unha experiencia semellante no vindeiro trimestre xa que tivera tan boa acollida, con ganas de que máis familias se sumasen á festa.
Logo de recoller a sala de xogos de Abertal, despedímonos ata xaneiro, tempo suficiente para recargar pilas!