Alternativa Vaivén  celebrou a Acampada de Inicio de Curso. Preto de trescentas nenas e nenos desde os 5 aos 14 anos tiveron diversos momentos de xogo e convivencia animados por máis de 30 animadoras e animadores durante a noite do venres e a mañá do sábado.

Ler máis: Acampada de inicio de curso - Alternativa Vaivén

As animadoras e animadores da Alternativa Vaivén acompañados dalgúns dos preanimadores e preanimadoras deste curso, reuníronse o sábado, 29 de setembro, para seguir artellando os comezos de curso.

Ler máis: Programar e compartir para vivir en Alternativa Vaivén

Do 21 ao 23 de setemrbo no Albergue que o Cabildo da Catedral de Tui ten no Monte Aloia, desenvolveuse a asemblea de comezo de curso do Centro Xuvenil Abertal.
Máis dunha vintena de animadores e animadoras xuntáronse para botar a andar a aventura deste curso.
Na tardiña do venres achegáronse ao Monte Aloia e logo de instalarse puideron disfrutar dunha cea compartida acompañada dunha xeitosa sobremesa que rematou cunha observación das estrelas no mirador da 'cama do santo'.

Ler máis: Asemblea Inicio de Curso

Abertal comeza coas actividades do Itinerario de Educación na Fe do curso 18-19 no mes de outubro, concretamente o sábado 6 damos por inauguradas as actividades de Alternativa Vaivén. E coa intención de facer chegar esta boa nova ao cole, pasamos por todas as aulas de 1º de EP ata 2º da ESO.

Ler máis: Presentación do IEF no colexio

O Centro Xuvenil Abertal levou a cabo as V Mañás de setembro no que participaron 60 nenos e nenas da cidade.


Coincidindo cos últimos días de vacacións de verán para os máis pequenos, e cos primeiros días laborais para as nais e pais, esta actividade xorde como resposta á necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.

Ler máis: V Mañás de setembro