Debido a demanda de moitas familias por conciliar a vida laboral e familiar no mes de setembro antes do inicio do curso e despois da boa experiencia dos anos pasados, a Asociación Xuvenil Abertal, coa colaboración do Clube de baloncesto Salesianos (Sección de baloncesto e sección de fútbol sala), poñémonos en contacto con vós para anunciarvos a posta en marcha das “ V Mañás de Setembro”.

            Datas: do 3 ao 11 de setembro (de luns a venres)

  • Lugar: Instalacións do Colexio e do Centro Xuvenil.
  • Destinatarios: Nenos e nenas dende 4º de Infantil (nacidos en 2014) ata 6º de Primaria (nacidos en 2006) incluídos.
  • Horario: Entrada: de 8,45 a 9:30h    /    Saída: de 13,30 a 14,00h.
  • Prazo de inscrición: preferencia para os nenos/as do colexio, socios de abertal e xogadores do clube de baloncesto e fútbol do 27 de xuño ao 13 de xullo (ámbolos dous incluídos).
  • Cota: 50 euros.  2º irmán: 45 euros       3º irmán: 40 euros

 

A organización das V Mañás de Setembro será a seguinte:

  • Primeira actividade:de 10:00 a 11:30 os nenos e nenas poderán escoller como actividade:
  • Adestramento de fútbol realizado por adestradores do clube.

Dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2006 e 2014.

  • Adestramento de baloncesto realizado por adestradores do clube.

Dirixido a nenos e nenas nacidos entre o 2006 e o 2013.

  • Actividade de Abertal
  • Tempo libre: de 11:30 a 12:00 h. Podedes traer merenda.
  • Segunda actividade de 12:00 a 13:30 tódolos nenos e nenas farán unha actividade de Abertal: o tipo de actividades que se levarán a cabo serán, entre outras: obradoiros, xogos, actividades de animación á lectura, búsquedas do tesouro, deportes, ...

 

Os obxectivos deste proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, fomentar a cooperación e a diversión e poder seguir empregando as instalacións do noso colexio fóra do horario escolar.

Contamos con 50 prazas, dando prioridade ao alumnado do Colexio Salesiano, xogadores dos clubes e os socios/as de Alternativa Vaivén de Abertal. Para eles, ábrese un primeiro prazo de inscrición do  3 ao 13 de xullo, a partir do 16 de xullo ábrese o prazo para os demais interesados. O prazo remata cando se completen as prazas ou, a máis tardar, o 27 de xullo.

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos, se algunha familia se atopa nesta situación, pode falar con Segundo Cousido ou en Abertal para buscar a mellor solución.