ACTIVIDADE SUSPENDIDA

CON MOTIVO DO ESTADO DE ALERTA QUE ESTAMOS A VIVIR

 

 

 

 

 

Co ánimo de seguir favorecendo a conciliación familiar e tamén co obxectivo de seguir dando a coñecer o proxecto educativo que levamos a cabo desde o Centro Xuvenil Abertal, facemos a seguinte proposta: levar a cabo as “VIII MAÑÁS DE SEMANA SANTA”

  • Datas: 6, 7, 8 e 13 de abril
  • Lugar: Instalacións do Centro Xuvenil e do Colexio.
  • Destinatarios: Nenos e nenas desde 4º de E. Infantil (3 anos), ata 6º de E. Primaria incluídos.
  • Horario:

              * Entrada: de 9,30 a 10,00h.

              * Saída: de 13,30 a 14,00h.

  • Prazo de inscrición: preferencia para os socios/as de Abertal e o alumnado do colexio do 16 ao 23 de marzo (ambos os dous incluídos). Do 24 de marzo ao 2 de abril ábrese o prazo para os demais interesados.
  • Servizo de gardería: a partir das 8,45 h, sen custo.
  • Cota:

 

Cota normal

Socio/a de Abertal

Actividade completa

35€

30€

 

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis novos, promover unha Semana Santa activa e participativa axeitada ás idades dos participantes e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

 

Horario de Información e pagos: 09:30 a 13.30 e de 16:30 a 19:30 horas.

Teléfonos: 986 22 56 62 / 606 64 42 46      Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que fale directamente en Abertal para buscar a mellor solución.