Outro ano máis, dende o Centro Xuvenil Abertal poñémonos en contacto con vós para anunciarvos a posta en marcha das VIII Mañás de Nadal.

Serán os seguintes días das vacacións de Nadal: 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e os días 2, 3 e 7 de xaneiro, nas instalacións de Abertal e do Colexio Salesiano. Nesta edición o horario de actividade será de 09,30 a 14,00 h., coa posibilidade de ofrecer un servizo extra para a conciliación da vida familiar e laboral en horario de 8,45 a 09,30 h. sen custo.

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, propor unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis novos, promover un Nadal activo e participativo axeitado ás idades dos participantes, e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

Ofertamos as seguintes opcións das IX MAÑÁS DE NADAL:

* Actividade Completa: Todos os días enunciados anteriormente..

* Quenda 1: comprende do 23 ao 27 de decembro (ambos incluídos) e o 7 de xaneiro,

* Quenda 2: comprende do 30 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos incluídos.

 

Cota normal

Socio de Abertal/Irmán non Socio

Irmán socio de Abertal

Actividade completa

75€

70€

65€

Quenda 1 (5 días)

40€

35€

30€

Quenda 2 (5 días)

40€

35€

30€

 

Os destinatarios son nenos e nenas dende 4º de Ed. Infantil (3 anos), ata 6º de Ed. Primaria incluídos. Contamos con 50 prazas. Estas prazas estarán repartidas inicialmente do seguinte xeito: 25 prazas E.I. e 25 prazas para E.P.

Ten prioridade o alumnado do Colexio Salesiano e os socios das actividades de Alternativa Vaivén de Abertal.

Para favorecer que ninguén se quede sen praza, ábrese un primeiro prazo de inscrición do 22 ao 29 de novembro para socios e alumnos do colexio. A partir do 30 de novembro e ata o 15 de decembro as prazas non cubertas ábrense ao resto de interesados.

Horario de Información e pagos: 09:30 a 13.30 e de 16:30 a 19:30 horas.

Teléfono: 986 22 56 62/606 64 42 46      Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 Inscricións a partir do 22 de novembro as 9:00h

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos, se algunha familia se atopa nesta situación, pode falar con Abertal para buscar a mellor solución.