Outro ano máis, dende o Centro Xuvenil Abertal poñémonos en contacto con vós para anunciarvos a posta en marcha das VIII Mañás de Nadal.

Serán os seguintes días das vacacións de Nadal: 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e os días 2, 3, 4 e 7 de xaneiro, nas instalacións de Abertal e do Colexio Salesiano. Nesta edición o horario de actividade será de 09,30 a 14,00 h., coa posibilidade de ofrecer un servizo extra para a conciliación da vida familiar e laboral en horario de 8,45 a 09,30 h. sen custo.

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, propor unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis novos, promover un Nadal activo e participativo axeitado ás idades dos participantes, e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

Ofertamos as seguintes opcións das VIII MAÑÁS DE NADAL:

* Actividade Completa: Todos os días enunciados anteriormente..

* Quenda 1: comprende do 24 ao 28 de decembro (ambos incluídos) e o 7 de xaneiro,

* Quenda 2: comprende do 31 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos incluídos.

 

Cota normal

Socio/Colexio/Irmán

Irmán socio

Actividade completa

75€

70€

65€

Quenda 1 (5 días)

40€

35€

30€

Quenda 2 (5 días)

40€

35€

30€

 

Os destinatarios son nenos e nenas dende 4º de Ed. Infantil (3 anos), ata 6º de Ed. Primaria incluídos. Contamos con 50 prazas. Estas prazas estarán repartidas inicialmente do seguinte xeito: 25 prazas E.I. e 25 prazas para E.P.

Ten prioridade o alumnado do Colexio Salesiano e os socios das actividades de Alternativa Vaivén de Abertal.

Para favorecer que ninguén se quede sen praza, ábrese un primeiro prazo de inscrición do 20 ao 30 de novembro para socios e alumnos do colexio. A partir do 30 de novembro e ata o 14 de decembro as prazas non cubertas ábrense ao resto de interesados.

Horario de Información e pagos: 09:30 a 13.30 e de 16:30 a 19:30 horas.

Teléfono: 986 22 56 62/606 64 42 46      Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 Inscricións a partir do 20 de novembro

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos, se algunha familia se atopa nesta situación, pode falar con Segundo Cousido ou en Abertal para buscar a mellor solución.