• Datas: 24 e 26 de febreiro
  • Lugar: Instalacións do Centro Xuvenil e do Colexio.
  • Destinatarios: Nenos e nenas desde 4º de E. Infantil (3 anos), ata 6º de E. Primaria incluídos.
  • Horario:

                  * Entrada: de 9,30 a 10,00h.

                  * Saída: de 13,30 a 14,00h.

  • Prazo de inscrición: preferencia para os/as socios/as de Abertal e nenos/as do colexio do 27 de xaneiro ao 7 de febreiro (ambos os dous incluídos). Do 8 ao 16 de febreiro ábrese o prazo para as demais persoas interesados.
  • Servizo de gardería: a partir das 8,45 h, sen custo.
  • Cota:

 

 

Cota normal

Socio/a de Abertal

Actividade completa

20€

15€

 

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis novos, promover un Entroido activo e participativo axeitado ás idades dos participantes e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

 

Horario de Información e pagos: 09:30 a 13.30 e de 16:30 a 19:30 horas.

Teléfono: 986 22 56 62/606 64 42 46      Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que fale directamente en Abertal para buscar a mellor solución.

 

Aproveitamos estas letras para informarvos doutros dous proxectos que temos pensado sacar adiante:

“VIII Mañás de Semana Santa”: 6, 7, 8 e 13 de abril

“XIII Mañás de Verán”: do 22 de xuño ao 31 de xullo