Segunda quenda de Verán de Lecer
O luns 2 de agosto comezamos a segunda tanda de campamentos da Campaña de Verán de Lecer do Concello de Vigo para mozos/as con discapacidade.
Serán tres semanas en Agosto, en horario de 10:00 a 16:00h nas instalacións de Aspanaex. Participarán unha media de 40 mozos/as por semana, atendendo a diferentes tipos de discapacidades.
Un equipo de 18 profesionas e 6 voluntarios serán os encargados de levar adiante as actividades. Obradoiros, excursións, visitas culturais, xogos, baño,... seran algúnas das propostas de lecer que se farán ao longo destas tres semanas de campamento.
A experiencia de xullo foi moi enriquecedora e estamos seguros de que a de Agosto non o será menos. moita sorte e bo campamento.

| Seg. > |
|---|

