Concurso de fotografía
Como cada ano, en colaboración con El Corte Inglés de Vigo, convocamos un concurso de fotografía centrado na cidade de Vigo baixo o lema: "Descubre a túa cidade"
BASES
Participantes
Maiores de 8 anos, sen límite de fotografías por autor/a. Haberá 3 categorías:
A.- Entre 8 e 14 anos
B.- Entre 15 e 30 anos
C.- Maior de 30 anos
As fotografías
As fotografías deberán ser orixinais e inéditas, non podendo ter recibido ningún premio con anterioridade.
Formato mínimo de 10 x 15 cm, acompañadas da ficha de participante debidamente cuberta.
Tema:
A cidade de Vigo, dende calquera perspectiva ou enfoque.
Premios:
1º PREMIO CATEGORÍA A: tarxeta regalo 150 €
1º PREMIO CATEGORÍA B: tarxeta regalo 180 €
1º PREMIO CATEGORÍA C: tarxeta regalo 180 €
2º PREMIO CATEGORÍA C: tarxeta regalo 120 €
ACCESIT ESPECIAL ó neno participante no Campamento Urbano mellor clasificado
Presentación de Traballos
LUGAR: Departamento de fotografía de El Corte Inglés
PRAZO: Dende o 1 ao 31 de Agosto de 2010



