Abertal - Asociación Xuvenil

30 aniversario de Abertal

Abertal cumpríu 30 anos o 31 de xaneiro de 2009.

ImagePara celebrar estes anos vividos e a tarefa que nos queda por desenvolver, no período de xaneiro a maio faremos diferentes actividades de celebración, coa intención de achegar esta festa a tódolos colectivos que participan ou participaron ó longo destes anos na asociación.

O lema escollido para esta celebración é 30 anos compartindo vida, que co xunto co logo conmemorativo presentan, xunto cos anos, dúas palabras clave na historia de Abertal: compartir, porque é un proxecto que se fai entre moitos, e vida, porque ademais de ser un centro vivo con moitas actividades, quere ser un lugar onde "vivir" intensamente unha etapa da vida xuvenil. As actividades que temos previstas son:


Festa de aniversario e inicio das celebracións.

Celebrouse o 30 e 31 de xaneiro. Neses días tivemos diferentes actividades destinadas a xente que estamos na actualidade no centro xuvenil nas que inauguramos o ano cos mozos/as da sala, cos nenos/as de alternativa vaivén e cos animadores/as.

Concerto única Función

Celebrouse o 7 de marzo, cun grande éxito de público e músicos. Consistiu nun concerto de versións a cargo de músicos afecionados. Está previsto ademáis a edición dun DVD recopiolatorido co audio e o vídeo do concerto. Para ir abrindo boca podes visitar as fotos do concerto.

Festa infantil de aniversario

ImageSerá o vindeiro 9 de maio, no Paseo das Avenidas (no Náutico) de 11:00 a 13:30h. Consistirá nunha feira de xogos e acitviadades para nenos/as. Nos diferentes postos atoparémonos con xogos, probas e obradoiros. Está previsto que as 12:45 se faga o acto central de aniversario co apagado das velas e o reparto de agasallos entre os asistentes.

 

Viaxe en Barco pola Ría de Vigo.

ImageEn colaboración coa Federación Don Bosco o sábado 16 de maio organizamos o día da Federación en Vigo. Será a partires das 20:00 h da noite coa participación de animadores/as de tódolos centros xuvenís de Galiza. A actividade forte da noite será unha viaxe en barco pola ría de Vigo, dende as 20:30 ata as 22:30h. A viaxe é gratuita para os animadores/as actuais e ten unha cota de 11 € para os non animadores/as. O prazo para apuntarse remata o 9 de maio.

 

 

Eucaristía e cea oficial 30 aniversario.

O día 30 de maio faremos o acto oficial de clausura do 30 aniversario. Deste xeito xuntarémonos nunha mesma celebración os 30 ano e a festividade de María Auxiliadora que cada ano celebramos en torno ao 24 de maio. Haberá dous momentos diferenciados

  • Eucaristía de oito e media: unha celebración en sintonía coas que durante moitos anos se celebraron na parroquia animadas dende Abertal as 20:30h dos sábados.
  • Cea oficial 30 anos: unha cea aberta a tódolos interesados. A cota de participación será de 25 € para os non socios. O prazo de inscrición para a cea remata o 23 de maio.Image

 

Así que xa sabes... estás convidado a participar no que queiras. Infórmate en Abertal.

Trasladarémosvos ademais a información das aparicións en prensa que teñamos relacionadas coas celebracións do 30 aniversario:

 

Image

 


Desarrollado por Hacce Soluciones TIC. Diseño web