QUE
Única Función é un proxecto de tempo libre que consiste na organización dun concerto benéfico de versións a cargo de mozos/as cantantes e músicos afecionados/as, que se celebrará o Sábado 27 de Febreiro de 2010 no Cine-Teatro Salesianos de Vigo.
PARA QUEN
Única Función está aberto a participación activa de mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, interesados/as en participar como músicos, cantantes, técnicos,... asumindo toda a organización, xestión, ensaios, búsqueda de material, etc... Xa no concerto, o aforo da sala será de 500 persoas, o cal agardamos encher.
POR QUE
- Ofertar unha experiencia de colaboración entre mozos/as nun proxecto de caracter solidario, fomentando a implicación, a colaboración, o traballo en equipo e a música como alternativa saudabel de lecer.
- Apoiar un proxecto solidario.
- Posibilitar que mozos e mozas afecionados a música participen no seu primeiro concerto diante dun público amplo e entren en contacto con outros músicos/as de maior experiencia.
BENÉFICO
Con Única Función non se pretende sacar cartos, pero sí que a xente que se achegue pague unha entrada de 3 € como forma de valorar o traballo feito. Esa entrada adicarase integramente a un proxecto solidario ainda por definir.
CAMISETA
A camiseta ainda esta en fase de deseño, irasevos informando.
PARA COLABORAR
Seguimos buscando entidades interesadas en colaborar económicamente no proxecto, para axudar a financiar o aluguer de material músical, a publicidade e os recursos necesarios para o bo desenvolvemento do proxecto. A contraprestación é a de aparecer como ENTIDADE PATROCINADORA ou COLABORADORA nos carteis e na entrada que se repartirá en taquilla, así como a mención nos medios de comunicación que cubran o concerto.


