Sábados Dinámicos 09

O proxecto que aquí presentamos consiste nunha experiencia para creación dun servizo especializado que se desenvolverá durante algúns sábados ao longo do ano. Este proxecto de ocio vai dirixido ás persoas discapacidade e necesidade de apoios intermitentes e persoas con mobilidade reducida.
Financiado pola Consellería de Benestar Social atendendo unha proposta realizada por entidades de atención ás persoas con discapacidade, levase cabo coa colaboración da Fundación Menela que cede as súas instalacións o desenrolo da actividade.
Destinatarios/as:
- Persoas con discapacidade e necesidade de apoios intermitentes e persoas con mobilidade reducida.
Idade:
- De 14 a 30 anos
Nº beneficiarios/as:
Persoas con apoios intermitentes, 20 persoas por sábado
Persoas con mobilidade reducida, 4 persoas por sábado.
Lugar:
- Edificio CAMI da Fundación Menela na rúa Laxe nº 3.
Onde inscribirse:
- Na Asociación Xuvenil Abertal na dirección rúa Venezuela nº 3, baixo, e-mail: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver e no teléfono: 676 51 21 97.
- No departamento de Benestar Social do Concello de Vigo na rúa Praza do Rei nº 2, e-mail: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , teléfono: 986 81 03 51.
Requisitos:
- As persoas con discapacidade deberán estar empadroadas en Vigo
- Ter a idade establecida
- Presentar a solicitude coa documentación dentro do prazo estipulado
- Aboar a cota de inscrición
Cota de inscripción:
- 10 € por sábado de actividade. Esta cota será aboada unha vez concedida a praza, senón van a asistir o día de actividade por causas xustificadas deberán comunicalo con antelación en Abertal, para poder cubrir a praza con outra persoa da lista de espera e proceder o reembolso da cantidade aboada se procede.
Nº de conta para a cota de inscripción:
- Entidade Caixanova: 2080 - 0100 – 0 – 9 – 0040027627
Documentación a presentar:
- Solicitude do concello (2 copias) cuberta a nome do posible beneficiario/a
- Ficha de coñecemento: Cuberta e asinada Poderase solicitar a asistencia dos catro sábados, pero terán preferencia, en caso de non existir prazas para todos, os beneficiarios/as que non participaran en sábados anteriores,
- Fotocopia DNI do beneficiario/a
- Fotocopia da tarxeta sanitaria do beneficiario/a
- Xustificante do ingreso da cota de inscrición unha vez confirmada a admisión
No caso de que as solicitudes superen o número de prazas establecidas para cada sábado a selección farase por orde de recollida da solicitude
Datas dos Sábados Dinámicos:
Sábado 14 de Novembro
Mañá: dinámicas de presentación, xogos de coñecemento, e unha dinámica de grupo para concretar as posibles actividades dos días vindeiros.
Tarde: Paseo para tomar algo ó casco vello da cidade e porto se o tempo
acompaña, ou subir ás actividades que se organizan no Castro.
Sábado 28 de Novembro:
Mañá: Obradoiro de manualidades
Tarde: Saída ó cine ou á boleira segundo prefiran os destinatarios/as.
Sábado 19 de Nadal:
Mañá: realizaremos un obradoiro de “Amigo invisible” onde todos recibirán
algún agasallo xa que estamos en Nadal
Tarde: poderemos gozar do baile na discoteca ou facer unha festa nas
propias instalacións para todos nos.
Sábado 23 de Xaneiro:
Mañá: Xogos populares e de desinhibición
Tarde: Obradoiros de cestería que organiza o Centro de Artesanía
Tradicional ou boleira/cine descartando a actividade elixida o sábado anterior.
Horarios:
- Inicio da actividade: As persoas ca praza concedida presentaranse nas instalacions da Fundacón Menela, entre as 11.45h e as 12:00h da mañá.
Remate da actividade: A actividade rematará as 20.00h.
Xantar:
- Cada persoa levará a sua comida e se quisera a sua merenda.
Recursos humanos:
- En total 8 animadores/as remunerados e apoio de voluntariado

