Abertal - Asociación Xuvenil

Programas que facemos

Co conxunto de actividades que dende a asociación se propoñen pretendemos abarcar todo o colectivo da infancia e a mocidade, dando respostas ás necesidades e inquedanzas no ámbito do tempo libre e do lecer educativo.

O protagonismo xuvenil é a característica fundamental desta oferta de actividades. Así a metodoloxía participativa que se emprega para a elaboración do conxunto de proxectos e actividades fai que estas sexan resultado das achegas e propostas dos propios mozos/as e destinatarios/as e, na medida do posible os mesmos destinatarios/as participan en todo o proceso de deseño, elaboración e desenvolvemento dos proxectos.

Por outra banda, dende a asociación apóiase na medida do posible as propostas de actividades autoxestionadas de mozos/as que nos chegan.

A estrutura de proxectos e programas é:

Con nenos/as

Con mozos/as

Servizos para a mocidade

  • A punto: información sobre oportunidades en europa.
  • Formación do Voluntariado:
  • Proxecto Emprego: información orientada ao primeiro emprego.

Desarrollado por Hacce Soluciones TIC. Diseño web