Abertal - Asociación Xuvenil

Quen Somos

O Centro Xuvenil Abertal pretendemos ser un lugar de encontro e participación para mozos e mozas no tempo libre, unha oferta que construamos entre todos e todas, un lugar acolledor no que gozar do noso tempo de lecer, unha invitación a implicarse e comprometerse en grupo, a ser protagonistas do noso lecer, un proxecto compartido ... Como asociación xuvenil nacemos en Vigo no ano 1979, dentro do movemento xuvenil salesiano e enmarcados na Parroquia de María Auxiliadora de Vigo.

 

A nosa finalidade é

contribuír no tempo libre á educación e promoción integral dos nenos e nenas, adolescentes e mocidade desde unha óptica cristiá con estilo salesiano, é dicir, mediante o protagonismo das persoas destinatarias, o acompañamento persoal e a transformación da realidade a través de procesos de intervención sociocomunitaria”.

 

Deste xeito, o conxunto de actividades que desde a asociación propomos, abarcan todo o colectivo da infancia e a mocidade.

Na historia recente de Abertal, destaca que no pasado ano 2002, o Concello de Vigo deunos a mención de Viguesa Distinguida, en recoñecemento á tarefa que a asociación vén desenvolvendo desde os seus inicios coa mocidade viguesa.Image

Para coñecernos mellor descarga a memoria completa do que fixemos en 2009.


Desarrollado por Hacce Soluciones TIC. Diseño web