Co conxunto de actividades que dende a asociación se propoñen pretendemos abarcar todo o colectivo da infancia e a mocidade, dando respostas ás necesidades e inquedanzas no ámbito do tempo libre e do lecer educativo.

O protagonismo xuvenil é a característica fundamental desta oferta de actividades. Así a metodoloxía participativa que se emprega para a elaboración do conxunto de proxectos e actividades fai que estas sexan resultado das achegas e propostas dos propios mozos/as e destinatarios/as e, na medida do posible os mesmos destinatarios/as participan en todo o proceso de deseño, elaboración e desenvolvemento dos proxectos.

Por outra banda, dende a asociación apóiase na medida do posible as propostas de actividades autoxestionadas de mozos/as que nos chegan.

A estrutura de proxectos e programas é:

O centro Xuvenil Abertal preocúpase polo tempo libre dos máis pequenos, e fai unha oferta variada de actividades de lecer para as diferentes períodos do ano e as demandas das familias:

  • Alternativa Vaivén: oferta de lecer, os sábados pola mañá, integrada no Itinerario de Educación na Fe que comeza nos 6 anos con Cativos, pasa por Andaina, e remata en ADS, nos 14 anos.
  • Xinxín: proxecto de Abertal no que se acollen a nenos/as derivados do Concello que precisan apio educativo e unha oferta de ocio saudable e integradora. Neste proxecto trabállase man con man cos centros educativos dos que proceden os rapaces.
  • Campamento Urbano: É unha oferta gratuíta de lecer educativo, aberta a tódolos nenos e nenas (de 8 a 14 anos), que consiste na realización dun campamento na propia cidade.
  • Mañás de...: proxecto lúdico que facilita a conciliación familiar nas épocas de Nadal, Entroido, semana santa, verán e setembro; para destinatarios de entre 3 e 12 anos. Nalgúns casos ofrécese servizo de madrugadores e fiambreira.

Alternativa Vaivén é un proxecto que está enmarcado dentro da oferta do Itinerario de Educación na Fe Inspectorial. Abrangue unha oferta integral de actividades de tempo libre para o colectivo de nenos e nenas de Vigo. O proxecto responde a unha intencionalidade educativa, susténtase nunha proposta de educación en valores humano-cristiáns. Así, dentro da proposta de actividades, que se encadrarán en distintos programas, téntase cubrir todos os momentos de lecer da infancia:

  • Os nenos e nenas de 6 a 9 anos participan no movemento Saltimbanquis.
  • Os rapaces e rapazas de 9 a 12 anos participan no movemento Andaina.
  • Os mozos e mozas de 12 a 14 anos participan no movemento ADS (Amigos Domingo Savio)

Pretendemos ...

... Facer unha oferta integral de actividades de tempo libre para o colectivo de nenos/as da cidade
... Educar en valores humanos coma a solidariedade, a tolerancia, a paz, o non sexismo, a ecoloxía, etc.
... Fomentar o uso educativo do tempo libre
... Transmitir hábitos e habilidades de convivencia, de traballo en grupo, etc.
... Fomentar desde a primeira infancia o asociacionismo

Metodoloxía

A metodoloxía que sustenta as distintas actuacións dentro do programa está baseada, de forma xeral, en dous principios pedagóxicos que marcan as nosas actuacións no tempo libre, que son:

  • Principio da acción-reflexión: seguindo este principio preténdese ofertarlles ós rapaces/as experiencias concretas que despois lles favorezan asumir valores.
  • Importancia do xogo como ferramenta educativa por ser espazo natural dos rapaces e fonte de aprendizaxe e gozo natural.
  • A opción polo grupo e polos distintos grupos (a medida que van medrando o funcionamento e ritmo grupal adáptase ás necesidades dos rapaces converténdoos en mediación da realización das actividades e da súa vida).
  • Acompañamento: segundo o cal, perséguese acompañar ao rapaz no seu proceso de maduración, ofertándolle actividades ó longo de todo o período que comprende dende a infancia ata a adolescencia. Deste xeito, o labor educativo da asociación fundamentaríase nunha presenza activa e modeladora dos animadores/as e preanimadores/as nas distintas actividades e grupos ofertados ós rapaces/as.

Asemade, dentro das técnicas que utilizamos inclúese todo o abano de propostas da educación no tempo libre: dinámicas de grupos, xogo-aventuras, animación á lectura, aventuras autoxestionadas, etc.

Por outra banda, hai que destacar que as diferentes ofertas de Alternativa Vaivén (Saltimbanquis, Andaina e ADS) teñen unha proposta educativa e pedagóxica propia.

É un proxecto no que se enmarcan as accións dirixidas a favorecer o desenvolvemento integral de rapaces e rapazas en situación de risco e coas que se procura a mellora da súa calidade de vida.

Traballamos desde o programa de Infancia do Concello de Vigo, sobre o espazo de intervención social  que existe entre, a detección dun menor nunha situación de risco social e as medidas de protección de Menores da Xunta de Galicia; para que ditos menores, na medida do posible, reeduquen a súa conduta e non sexa necesario o internamento.

O programa se leva a cabo dende o ano 2000 con diferentes localizacións pero sempre centralizado na sede de Abertal, na actualidade realízase en tres sedes para posibilitar ó acceso ó servizo a familias de tódolos barrios da cidade: Rivera Atienza, rúa Venezuela e Coia.

Participan

Menores de 6 a 14 anos derivados dos  Programas de Infancia da Concellería de Servizos Sociais e Programas de Infancia do Concello de Vigo, que respondan ó perfil dos usuarios dese programa.

O programa traballa a etapa de idade de Primaria e Secundaria, na  actualidade aténdese a un total de 70 menores durante o curso escolar.

Pretendemos

A finalidade última do programa é favorecer no desenvolvemento integral dos menores en situación de risco social. Para isto desenvolvemos  dúas liñas de actuación:

  • A integración destes nenos/as en actividades normalizadas de educación no tempo libre.
  • Accións específicas de apoio educativo.

Obxectivos:

  • Colaborar na consecución dos fins do programa de Infancia desde a Concellería de  Benestar Social do Concello de Vigo, programa obxecto de esta colaboración.
  • Ofertar plataformas de integración desde o tempo libre a menores en situación de risco social, que favorezan procesos normalizadores para o menor.
  • Desenvolver programas de actividades educativas encamiñadas a dar un apoio educativo específico a menores en situación de demanda de estes servizos.
  • Ofertar plataformas de integración dende o tempo libre para rapaces/as en situación de risco, que favorezan procesos normalizadores para o menor.
  • Compensar socio- educativamente para incrementa-las capacidades dos nenos/as e mozos/as co fin de facilita-la súa integración social e evita-la caída na exclusión, marxinación e inadaptación.
  • Detección precoz de situacións familiares, persoais e sociais que supoñan unha desvantaxe socio- educativa dos nenos/as e adolescentes.
  • Desenvolver programas de actividades educativas encamiñadas a dar un apoio educativo específico a rapaces/as en situación de demanda destes servizos en coordinación con centros escolares, Servizos Sociais e outras entidades que interveñen con estes destinatarios/as.

Entre as accións que inclúen destacamos:

Servizos específicos para BENEFICIARIOS:

  • Servizo de apoio escolar dous días por semana en horario de 16:00 a 17:30h durante o curso escolar
  • Servizo de ludoteca dous días por semana, coincidindo co apoio escolar, en horario de 17:30 a 19:00h
  • Bolsas de participación: a participación dos usuarios do programa en tódalas actividades será gratuíta ou becada, invitación a excursións, desconto en campamentos, participación nas actividades de Alternativa Vaivén os sábados pola mañá …

Un proxecto en colaboración:

Un proxecto non ten sentido sen o traballo en rede con outras entidades, que vai máis aló da simple derivación, e que persegue o traballo coordinado. Deste xeito participan no proxecto Xinxín: o Servizo de Infancia do Concello de Vigo, os equipos de orientación dos centros educativos de referencia e o Programa Espabila da Fundación Xoán Soñador.

O Campamento Urbano unha oferta gratuíta de lecer educativo, aberta a todos os nenos e nenas, que consiste na realización dun campamento na propia cidade.

O primeiro foi en agosto de 1985, co gallo do Ano Internacional da Mocidade, en La Línea de la Concepción (Cádiz). A Galicia chegou en 1987, organizado pola Asociación Xuvenil Don Bosco, en Santiago de Compostela, e dende aí foise espallando por toda a xeografía galega. En Vigo vénse realizando ininterrompidamente desde 1989, constatamos unha moi boa acollida por parte da cidade e unha ampla participación.

Para quen: Rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos da cidade de Vigo, facemos especial fincapé na participación de colectivos en situación desfavorecida. O número de prazas é ilimitado.
Cando: Na primeira quincena de agosto, en horario de mañá e de tarde, a excepción dos días de excursión que os rapaces/as traerán a comida ao campamento.
Onde: Nas instalacións do Pavillón das Travesas. Esta é a sede central aínda que nos moveremos pola cidade e mesmo sairemos dela.
Pretende: As actividades que faremos pretenden, entre outras cousas, responder aos seguintes criterios:

  • Que os rapaces/as redescubran a cidade, as súas posibilidades e servizos sempre a través do xogo, e non a través de “visitas culturais”.
  • Descubrir en nós os valores de convivencia, solidariedade, paz, amizade... e dalos a coñecer pola cidade.
  • Coñecer alternativas de lecer que os rapaces/as poidan seguir realizando durante o ano.
  • Que os nenos/as sexan protagonistas das actividades, non espectadores.

Actividades: Normalmente todas as actividades do campamento xiran en torno a un tema ou centro de interese. Na proposta de actividades diferenciamos:

  • Mañás: as actividades desenvólvense fundamentalmente coa estrutura de grandes xogos de animación cunha temática común durante todo o campamento, faise especial fincapé en utilizar o maior número de espazos da cidade para a realización destas actividades: parques, prazas, instalacións públicas, etc.
  • Tardes: realízase unha oferta libre de actividades, de xeito que sexan os rapaces/as os que escollan a que actividades queren ir. Inclúe teatro, deportes, saídas por Vigo, obradoiros, música, fotografía, cociña, zona de lectura e xogos de mesa... Hai que destacar que cada tarde un grupo de rapaces/as desprazarase para coñecer algún espazo da cidade para xogar alí: museos, parques, etc.
  • Excursións: ao longo do campamento realízanse varias excursións: praia, un parque forestal, etc. e a Xuntanza de Campamentos Urbanos.

 

O centro xuvenil Abertal é un lugar no que atopar ofertas para empregar o tempo libre pero tamén convértese nun lugar no que desenvolver as capacidades en grupo, poñer en marcha proxectos novidosos, ou simplemente pasar o rato.

Concretamente, existen os seguintes proxectos en marcha:

  • Catecumenado: grupos xuvenís de maduración cristiá, destinados a mozos e mozas de entre 16 e 20 anos, que se reúnen semanalmente e perseguen “coñecerme, coñecernos, coñecelo e coñecelo (Xesús)”
  • Campamento Urbano: experiencia ou toma de contacto cos campamentos e aprendizaxe da súa dinámica, para mozas/os maiores de 16 anos.
  • Discapacidade: un grupo de voluntarios/as (do que podes formar parte) acompaña no seu tempo de lecer a persoas con discapacidade tódolos sábados (de tarde e de noite)
  • Sala de Xogos: espazo aberto á xente moza para asistir a actividades puntuais ou desenvolver novos proxectos do seu interese.
  • A Punto: servizo de información xuvenil para calquera tipo de experiencia de ocio, voluntariado ou laboral, en Europa.

Dentro da oferta do centro xuvenil Abertal destacamos os grupos xuvenís de maduración cristiá, denominamos CATECUMENADO, que completan o Itinerario de Educación na Fe, destinados a mozos e mozas de entre 16 e 20 anos, que perseguen:

  • Coñecerme: Para medrar preciso saber quen son... E por iso potenciamos a reflexión, o feito de non facer as cousas sen máis, senón pensándoas...
  • Coñecernos: Medramos xuntos... E por iso favorecemos a comunicación, abrímonos á confianza entre os/as do grupo, proxectamos accións e momentos xuntos...
  • Coñecelo: Vivimos nun mundo común... E por iso procuramos coñecer mellor a sociedade e a nosa realidade, e tratamos de construír un mundo mellor aquí e agora...
  • Coñecelo: Xesús de Nazaret é o noso modelo de persoa... E por iso procuramos coñecer mellor a súa mensaxe e a súa vida, celebramos xuntos a nosa fe...

Para realizar todo iso, os grupos de catecumenado abranguen varias accións ao longo do ano:

  • A reunión semanal
  • Os encontros locais e celebracións trimestrais
  • A xuntanza de grupos de Galicia: un encontro a nivel autonómico no que participan mozos/as de tódolos centros da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.
  • Os momentos de convivencia: acampadas, saídas, excursións...
  • O curso de verán: organizados pola Federación de CC. XX. Don Bosco de Galicia, normalmente na primeira quenda de xullo, en tandas de 8 días.
  • As actividades de compromiso: para decidir dende os propios grupos.

O Campamento Urbano é unha oferta gratuíta de lecer educativo, aberta a todos os nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, que consiste na realización dun campamento na propia cidade.

De entre os seus obxectivos tamén destaca o de ser “escola de animadores”. Isto significa dúas cousas:

  • O campamento Urbano pódese converter no lugar e momento axeitado para facer a parte práctica do curso de monitor de tempo libre, xa o fagas con nós ou o teñas feito con outra entidade formadora (invitamos a facer o Curso MTL intensivo con nós). Existe un equipo de persoas dedicadas a titorizar e acompañar durante este proceso a tódalas persoas que formalicen a súa petición.
  • Ao campamento achéganse rapaces e rapazas coa necesidade de empregar o seu tempo libre no verán dun xeito saudable e útil, pero que non teñen ningún tipo de experiencia animando nenos/as. Durante este primeiro contacto contarán coa axuda directa doutro animador/a con máis experiencia que lles ensinará a dinámica do campamento e cómo levar un grupo. Consideramos imprescindible a súa participación xa que eles serán os futuros/as animadores/as que levarán o peso do campamento.

A finalidade última do proxecto é favorecer, dende a educación non formal, o desenvolvemento integral de mozos/as con necesidades educativas especiais (de 14 a 40 anos) autónomos con apoios intermitentes, colaborando na creación de espazos de lecer na nosa cidade que permitan traballa-la autonomía e independencia nas relacións sociais deste colectivo.

Tres son as liñas de acción fundamentais do programa:

  • Actividades educativas e de tempo libre: integración dos mozos/as en actividades e grupos de tempo libre normalizados; creación dun grupo específico de lecer onde traballar habilidades sociais; e a oferta de apoio específico para aqueles que teñan máis dificultades coas habilidades sociais adquiridas
  • Respiro familiar e seguimento dos avances: as actividades periódicas do grupo específico de lecer servirán como un tempo no que as familias estarán máis liberadas para realizar outras actividades non relacionadas coa persoa con necesidades educativas especiais polo que consideramos o proxecto como unha opción de respiro familiar.
  • Prevención e detección de hábitos ou condutas de risco que dificulten a inclusión social dos beneficiarios: mediante o traballo no grupo se poderá facer un seguimento dos avances na adquisición de habilidades sociais, imprescindibles para o día a día dos beneficiarios directos, atendendo a parámetros de mellora das relacións sociais, no colexio, na casa e no entorno urbano de maneira que o programa funcione como un sistema de prevención e detección de condutas antisociais que poidan provocar unha exclusión aínda maior destas persoas na sociedade.


Destinatarios

O grupo destinatario constará duns 10 mozos/as por actividade, este grupo intentarase que sexa heteroxéneo e formar un grupo estable de mozos/as para que se coñezan entre eles e establezan lazos sociais e afectivos para potenciar a súa integración no grupo. Moitos destes destinatarios xa están a participar no proxecto.

Perfil dos destinatario/as:

  • Directos: 25-30 mozos de entre 14 e 40 anos con discapacidade psíquica e/ou física derivados de centros de educación especial ou ocupacional da cidade
  • Indirectos: 150. Consideramos que este proxecto pode funcionar como respiro familiar polo que se verán beneficiados todos os familiares e achegados que participan na educación e coidado dos beneficiarios directos do proxecto.


Obxectivos

Xeral:

  • Potenciar a integración e normalización das persoas con discapacidade na súa comunidade como cidadáns de pleno dereito e no coñecemento da oferta de lecer da cidade onde residen, establecendo vínculos de relación coas persoas do seu arredor tratando de desenvolver las habilidades necesarias para adquirir una autonomía urbana.


Específicos:

  • Impulsar a autonomía persoal dos mozos/as beneficiarios mediante actividades que faciliten a súa integración, habilidades sociais e o coñecemento do entorno.
  • Lograr a máxima independencia cotiá e o goce do lecer do mesmo modo que o resto da poboación.
  • Propiciar un respiro ás familias dos beneficiarios mellorando así a súa calidade de vida.


Actividades

Actividades de ocio y tiempo libre normalizado con el grupo de iguales en la ciudad durante 4 horas los sábados en horario de tarde o noche dependiendo del grupo en cuestión, cada destinatario tendrá 3 opciones de actividad con al menos 1 salida al mes asegurada. Durante el transcurso de la actividad se trabajarán habilidades sociales, normas de conducta cívicas, manejo del euro, toma de decisiones, etc.

Jornadas de formación de temas relacionados con el proyecto y la atención a los destinatarios/as para los profesionales y voluntarios/as que forman parte del proyecto que aportarán visiones y aprendizajes innovadores y enriquecedores adaptados a las características y necesidades del proyecto

Actividades teórico-prácticas una vez al mes para cada grupo de destinatarios/as de las actividades de ocio en las que se trabajarán temas relacionados con las necesidades detectadas en las propias actividades que mejoren la normalización e integración de este colectivo en la sociedad. Se tratarán temas como: manejo del euro, adquisición de habilidades sociales básicas, técnicas de memoria, mejora de autonomía, etc.

As accións deste proxecto baséanse na oferta dunha sala atraínte para mozos e mozas , que se converta en espazo de referencia para o seu lecer, dende a que se promovan actitudes e condutas sans do tempo libre.

A idea central que sustenta a nosa proposta é a constatación de que as características do espazo no que se moven os mozos/as inflúe de forma determinante no seu proceso educativo, de xeito que apostamos por ofertar un espazo con características educativas e saudables, como elemento promotor do desenvolvemento destes hábitos nos mozos/as.

Outra das liñas transversais da proposta é que temos que ser atraentes para a mocidade, para converternos en espazo de prevención, hai que ser primeiramente lugar de referencia, polo que apostamos por que a sala funcione como un bar, e oferte servizos de lecer lúdicos competitivos de cara á mocidade.

Desde este proxecto téntase ademais dar resposta ás demandas realizadas polos propios mozos/zas, promovendo e apoiando actividades autoxestionadas por eles. 

Obxectivos xerais do proxecto

  • Ofertarlle ós mozos e mozas un espazo propio no que se sintan cómodos e no que poidan ocupar o seu tempo libre de forma saudable.
  • Fomentar entre os destinatarios/as actividades de tempo libre.
  • Fomentar a conciencia crítica, a participación social...
  • Fomentar a conciencia crítica, a participación socia
  • Fomentar o desenvolvemento de valores humano-cristiás.
  • Previ-lo consumo de calquera substancias non saudabels.

Horario de sala

De luns a xoves: de 17:30 a 20:30 h
Venres: de 17:30 a 21:00 h
Sábados: de 17:30 a 21:00 h.
*En función da actividade o horario variará.

Recursos metodolóxicos

Aqueles elementos que consideramos claves na intervención que queremos desenvolver, e como tales os témolos que coidar.

  • O ESPAZO: as características do espazo deben ser educativas: transmitir valores de convivencia, limpeza, aberto a todos, san...
  • O AMBIENTE: un ambiente de acollida, de tolerancia, de convivencia, de aceptación, tamén transmite valores moi positivos e fomenta a relación interpersoal e a resolución de conflitos persoais…
  • AXENTES EDUCATIVOS: foméntase a relación persoal educador-destinatario/a, e actuar de mediador fronte a conflitos e a necesidades persoais dos rapaces/as.
  • ACTIVIDADES: as actividades dotan de contido a sala. Diferenciamos: actividades puntuais, proxectos de continuidade...
  • SERVIZOS: información, asesoramento e ofertas permanentes que pensamos son de interese para a mocidade, a disposición dos/as que os precisen.

Modelo de participación dos destinatarios/as

A proposta baséase en que os propios usuarios sexan os protagonistas das accións que se van desenvolver, é por iso que propomos como modelo de participación o seguinte:

  • Reunións puntuais para organizar actividades.
  • Oferta de actividades concretas en función de intereses ou necesidades detectadas: trátase de responder a necesidades concretas formuladas por grupos de destinatarios, para atender os seus centros de interese.
  • Autoxestión de actividades: que se promoverá que os propios mozos/as propoñan, programen e xestionen actividades.
  • Fomentar experiencias de voluntariado.

A comisión de música a forman membros de Abertal que no seu tempo libre teñen como hobby o mundo da música. Se encargan de dinamizar as actividades musicais que se levan a cabo no centro, a organización de cafés concertó ou jam sessions e a axudar a pequenos grupos a ensayar ofrecendo a súa sala de ensaios.

A actividade con máis éxito é Única Función, un concerto benéfico no que participan mozos de Vigo que sexan músicos amateurs. O proxecto ten como finalidade que os mozos coñezan o proceso de preparación dun concerto e que coñezan a outros mozos, pois deberán tocar con músicos que non coñecen. Leva sete edicións cunha media de 400 espectadores, prácticamente o aforo máximo do Teatro Salesianos. A recadación entrégase íntegramente a proxectos de desenvolvemento da infancia e mocidade en países emprovecidos.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Proin ornare consectetur sodales. Nulla luctus cursus mauris at dapibus. Cras ac felis et neque consequat elementum a eget turpis. Aliquam erat volutpat. Integer feugiat sem eu ligula vulputate consequat. Nulla facilisi. Cras vel elit lectus, at fringilla lorem.

Consiste nun Servizo de Información Xuvenil e Asesoramento sobre recursos europeos para informar e acompañar nas áreas de: Becas, emprego, prácticas; estudos e formación; voluntariado; idiomas; viaxar e financiamento de proxectos de asociacións xuvenís; destinado a mozos/as de 13 a 30 anos; educadores/as e entidades xuvenís ou educativas (institutos, colexios, universidades...) que queiran participar nun proxecto ou iniciativa en Europa de forma individual ou en grupo.
Ten a misión de informar, motivar, acompañar e promover a participación e o aproveitamento dos recursos que existen a nivel europeo. Non pretende ser un simple informador, queremos dinamizar e promover a participación.
 
Nace no ano 2009 a partires do traballo que xa viña realizando a Asociación Xuvenil Abertal en Vigo, como entidade Coordinadora do Programa Europeo Xuventude en Acción, en rede coa Escola de Tempo Libre Don Bosco de Galicia e a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.
As liñas de acción que contempla este servizo son:

  • Servizo de Información e Asesoramento: presencial, a través de internet (a través da web www.europaapunto.org), facebook e mediante a elaboración de material informativo especializado (folletos, dípticos)
  • Acompañamento na elaboración de proxectos: asesorar e apoiar a mozos/as e entidades para que empecen a participar en proxectos a nivel Europeo.
  • Actividades Formativas: dirixidas a informadores xuvenís, entidades educativas e mozos/as que participan en programas europeos.
  • Actividades de promoción: campañas e obradoiros en IES, Universidade, Escola Oficial de Idiomas, presenza en puntos de interese para a mocidade, actividades puntuais de difusión en relación a días sinalados (a semana europea da xuventude, semana europea das linguas,  o día de Europa …
  • Entidade coordinadora do Programa Xuventude da Unión Europea (Servizo Voluntario Europeo) e agora ERASMUS+: envío e acollida de voluntarios/as europeos, presentación de proxectos xuvenís, organización de encontros multilaterais, ...
  • Somos membro da Rede EURODESK www.eurodesk.org como posto local en Vigo, unha rede de información xuvenil que funciona a través dunha intranet e que pon en contacto a 900 postos locais en toda Europa.
  • Programa de servizo local da Xuventude Europea: trátase dun servizo con conveniado coa Casa da Xuventude de Vigo ten a intención de promover a participación dos mozos en Vigo en "Xuventude" do Programa Europeo sobre o que se coordina a entidade. Actividades principais:
  • Informar e asesorar sobre o Programa Europeo ERASMUS+ a todos os mozos de Vigo e as súas asociacións xuvenís.
  • Xestionar o envío dos mozos que queiran participar no SVE (Servizo Voluntario Europeo).
  • Xestionar a acollida de mozas que fan o SVE en Abertal, ASPANAEX e ARELA.


As horas de servizo son:

  • En Abertal previa cita.
  • Martes de 17.30 a 19.30 h, Na Casa da Mocidade Vigo


Cooperando coa Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco de Galicia e a través dun acordo asinado coa Concellaría de Mocidade de Vigo.

  • Formación do Voluntariado
  • Cápsulas Formativas da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia
  • Curso de Monitor de Tempo Libre