Os animadores e animadoras do Centro Xuvenil Abertal queren seguir aportando o seu traballo voluntario adaptándose á situación actual, en contra do aburrimento. Non queren que se perda o ambiente familiar que hai os sábados pola mañá en Saltimbanquis, Andaina e ADS, desta vez cada quen na súa casa (que mellor lugar!).

Para elo irán ofrecendo cada 2 días alternativas variadas contra o aburrimento; teñen previstas actividades culturais, obradoiros, debuxos, xogos de mesa, xincanas domésticas, receitas, experimentos, música e moitos outros recursos.

Seguimos á vosa disposición no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e se vos animades a mandar (a este mesmo e-mail) imaxes do proceso ou resultado das actividades, contando a vosa experiencia, colgarémolas nas redes e na páxina www.abertal.org de xeito que amigos e amigas sigan en contacto.

 

 

ACTIVIDADES 25 de marzo de 2020:

1. Xogo – Adiviñar con emojis

Esta é a opción sinxela na que adiviñar pelis:

 

 

   

  

  

Esta opción é mais complicada, adiviña os refráns:

1. 🐴🎁🚫👀😁

2.➕💶🐦✋👈💯✈

3.➕💡👹👉👴👈👹

4.🐒👗👉👉 🐒..

5. 😶❓🔪🐱

6. ⚡☁☔👉🌈

7. 🍤💤👉🌊

8. 🍼🐱👉🔪🐭

9. 🏠🔨🔪👉🚪

10. 🚫🔫👉🍰🐋

11. 🙇🕓☀☁🙏👍

12.👬👫👭👉💪

13. 👉💋🔪🐟

14. 🚫😒📖👉📘

15. 🚫✨👉💰

16. 🐶🔊🚫😁

17. 👎☁☔👉😀

18. 👀🙈❤👉💔

19. 🐢👉🔒

20. 💶🚫👉😀

21. 👎🎲🃏👍👉❤

22. 🍞🍞🍷🍷

23. 🍔🍟🍗🍖🍕💖😀

24. 💍💅

25.🚶🐻😖😋

26. 🎶💰🔇

27. 👶😭👉👩👌

28. 👬👭👬👫👉🚼👵

29. 🌃🗻👉🌃🗻👐🌿🐍

30. ➕⬜🚫🎤🐓

31. 🐱✈🐭🐭🎉🎈

32. 🚶☝☁👉😭

33. ❓__➕👉🐯

34. 🐦👴🚫📢

35. 💏🚫🍝👉⌛

36. 🐖📅🐖📅🐖📅

37. 👉😗💋👉👀👄

38. 👨👲👳👮👷💂👉=

39. 👉🚫😭🚫🍼

40. 💵💷💶🎶💃🐒

41. 👉🏊🔊👉🗿

42. 🚰🚫🍸🏃

43. 😏🍻🍸🍷🚫🍰🍩🍫

44.🌾😈🚫🔫

45. 🏊🏊🏊🏊🏊👉🔫

 

 2. Actividade deportiva – Ioga

Neste enlace atoparedes unha guía sinxeliña e divertida para facer ioga:

https://www.youtube.com/watch?v=t8748OWc1nQ

 

 3. Xogo de mesa – Atopa as 5 diferencias

  

 

 

 

 

Aquí atoparedes máis  xogos de mesa, debuxos, etc. https://uk.flyingtiger.com/en-GB/diy

 

 4. Obradoiro – Story cubes

Hoxe imos a ser creadores de historias, e para iso empregaremos o xogo dos “dados conta-historias” ou, “story cubes”. 

Pr se alguén non dispón do xogo na casa ímolos facer. O material que precisaredes é: papel, lapis, tesoiras e pegamento de barra/cinta adhesiva. 

O primeiro paso é debuxar cinco cubos abertos en dúas dimensións. Coma este:

Cada cubo se dedicará a un tema, debuxando ou escribindo diferentes palabras sobre o mesmo; por exemplo: personaxes, medios de transporte, lugares, accesorios, animais. Unha vez feitos os debuxos ou escritas as palabras, hai que recortalos e pegalos polas solapas.

Agora xa podes crear diferentes historias, lanza e crea a historia coas pistas que che van dando os dados.

 

 

ACTIVIDADES 23 de marzo de 2020:

1. Actividade – Proposta deportiva

Estes días precisamos movernos na casa todo o que non facemos na rúa; por iso ofrecemos unha alternativa para exercitar o corpo e así tamén despexar a mente:

https://www.youtube.com/watch?v=T8jI4RnHHf0

 

2. Obradoiro – Pulseira de fío

Xa que hai moitas opcións e tipos de nudos, deixamos aquí algunhas alternativas:

- Opción sinxela: https://www.youtube.com/watch?v=wtGvwtIX4SI

- Opción media: https://www.youtube.com/watch?v=KCVaR_PLN10

- Opción complicada: https://www.youtube.com/watch?v=LlnXekppxc4

E moitas máis: https://www.youtube.com/watch?v=TM3lsv8gh8U

 

3. Lectura – Poesía

“Soños na gaiola” de Manuel María

Neste enlace atoparedes unha versión interactiva dos seus poemas:

https://coleticinfantil.blogspot.com/2016/05/os-sonos-na-gaiola-de-manuel-maria.html

 

4. Xogo de mesa – Tutifruti

Para iniciar o xogo, todas as persoas participantes deberán confeccionar unha planilla rectangular con casilleiros. Na parte superior desta planilla deberán escribir, de maneira horizontal, diferentes «categorías» previamente elixidas, de común acordo, polas participantes. Ditas categorías poderán ser por exemplo: Nomes, Nomes de países ou ciudades, Nomes de animais, Nome de cores, Nome de froitas, flores ou plantas; Nomes de obxectos ou cousas, (Outras poden ser: deportes, verbos, lugares, profesións, entre outros).

As categorías serán tantas como se acorde entre os participantes, pois todos deberán ter as mesmas e na mesmo orde.

Na marxe dereita e esquerda da planilla deberán escribirse de maneira vertical, as letras e a puntuación respectivamente.

O xogo consiste de roldas nas que se escolle só unha letra, sorteándoa de distintas maneiras, para que a partir do resultado complétese cada unha das categorías con palabras en español que comecen con esa letra.

Unha rolda finaliza por elección dun participante ao gritar «stop», «alto», «tutti frutti», ou «basta para min, basta para todos» ao acabar de encher todas as casas dando así por finalizada esa mesma rolda. Un participante tamén pode gritar «stop»,«alto», «tutti frutti», ou «basta para min, basta para todos» aínda que non termine de encher as casas, e esas casas quedasen anuladas para o participante. Nese momento, todos os participantes deberán deixar de escribir, e se algunha palabra quedase incompleta xa non se completará nin se contará como válida.

Hai tres maneiras de asignar puntuación en cada rolda en calidade da palabra escrita:

- Para as palabras válidas escritas nunha categoría e escritas soamente por un xogador asignaranse 10 puntos (ó 100, segundo a versión).

- Para as palabras repetidas asignaranse 5 puntos (ou 50, segundo a versión).

- Para as palabras non válidas ou categorías non completadas cunha palabra, os participantes non obterán ningunha puntuación.

Entre algunhas das súas variacións, existe a forma en que a duración dunha rolda terá un tempo preestablecido medido por un reloxo.

Xa escollendo a letra, non se poderá repetir a mesma palabra nas diferentes marcadoras acordadas.

 

 

 

ACTIVIDADES 21 de marzo de 2020:

1- Xogo – Just Dance

Este é un videoxogo que se pode xogar individualmente ou con máis persoas, pero nós en Abertal, os sábados pola mañá, tiñamos o noso xeito especial de xogar a isto no que non fai falla ter videoconsola.

Aquí deixamos algunhas das cancións máis bailadas nas acollidas de ADS:

- Timber: https://www.youtube.com/watch?v=a1zQ1xOjZnk

- Waka waka: https://www.youtube.com/watch?v=gCzgc_RelBA

- Limbo:  https://www.youtube.com/watch?v=zBzdeWM3VvE

- YMCA: https://www.youtube.com/watch?v=YCDCwuGcEmA

- Rasputín: https://www.youtube.com/watch?v=4DcGBE-F9hk

 

2. Curtametraxe Soar

Este é o enlace para mergullar nunha historia que nos fala de que as cousas non sempre son como as soñamos ou desexamos, pero moitas veces nos axudan a medrar, e coa axuda mútua, desinteresada, descubriremos que á longo prazo pode aportar satisfacción.

https://www.youtube.com/watch?v=UUlaseGrkLc&t=219s

Se queredes achegarvos a máis curtametraxes educativas podedes facelo na seguinte ligazón: http://rejuega.com/reflexiones-y-recursos/cine/25-cortometrajes-educativos-sobre-valores-y-emociones/

 

3. Receita – Bombóns

Ingredientes

- Chocolate fondant (tableta), 1 unidade

- Améndoa picada, 100 gramos

- Manteiga, 150 gramos

- Crispis (arroz inflado), 80 gramos

Consello: podes cambiar os ingredientes dos bombóns segundo os vosos gustos, introducindo améndoas, pasas ou noces.

Como facer, paso a paso, bombóns caseiros.

  1. Derretir o chocolate xunto coa manteiga nun cazo ao lume, ao baño maría, removendo e coidando que non ferva.
  2. Deixar arrefriar ata que estea templado, bater ben e incorporar as améndoas e os crispis, removendo ata que estea todo ben integrado.
  3. Verter a mestura nun molde cadrado previamente engrasado, formando unha capa duns 2 cm de espesor. Deixar arrefriar un pouco antes de cortar en cuadraditos e adornar ao gusto. Tamén podedes utilizar moldes con formas ou os dos cubitos de xeo.

 

 4- Obradoiro – Mandalas

Aproveita a oportunidade para pintar relaxadamente, incluso pon música tranquila que acompañe este momento (a que máis te guste).

A continuación deixamos unha ligazón na que atopar moitos máis mandalas

- Para imprimir: http://www.supercoloring.com/es/dibujos-para-colorear/artes-y-cultura/mandala

- Para colorear online: http://es.hellokids.com/c_3668/dibujos-para-colorear/mandalas/mandalas-para-jovenes/mandala-azteca

 

 

ACTIVIDADES 19 de marzo de 2020:

1. Obradoiro – Papiroflexia

- Polo día do pai, animámoste a facerlle un corazón e regalarllo cunha mensaxe escrita nel (porque os mellores agasallos non son os que teñen o maior prezo) https://www.youtube.com/watch?v=zKUH3TjTbO0

- É importante dedicarlle tempo á lectura, así que propoñemos que fagades o voso propio marcapáxinas. https://www.youtube.com/watch?v=BEW-KpCWEj4

- Na seguinte ligazón poderedes atopar outros origamis: https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-faciles-animales-origami/

 

2. Xincana – Misión imposible (mini)

Propoñémoste unha serie de probas para facer individualmente (contrareloxo) ou competindo contra outra persoa.

- Cun espagueti (na boca) conseguir enfialo nun macarrón (ou 3), sen empregalas mans.

- Poñer unha galleta na fronte e, sen empregar as mans, conseguir metela na boca.

- Poñer o maior número de prendas de roupa posible e volver a colocalas no menor tempo.

- Cantar unha canción de Disney facendo viravoltas.

- Pescudar o nome de todas as plantas que hai na casa.

- Facer rir a alguén da familia (sen facer cóxegas).

- Localiza nun mapa 5 cidades que comecen polas diferentes vocais.

- Cantar unha canción de animación pola ventá (para animar á veciñanza).

- Estar durante 1min haciendo la gallina.

- Citar 5 ríos de España.

- Imitar a una estatua famosa (Estatua de la Libertad, Cristo Redentor, Venus de Milo, Discóbolo, Buda Tian Tan, Augusto de Prima Porta, etc.) e que alguén da casa adiviñe.

- Decir el trabalenguas de los 3 tristes tigres (con una galleta en la boca).

- Bailar un vals con alguén da casa (se é con música mellor) .

- Levar unha pelota de papel rodando, sen empregar as mans, unha distancia de 2 metros.

- Conseguir adiviñar algunha: https://www.cocolisto.com/listado-adivinanzas-dificiles-adivinar/.

 

3. AplicaciónSmile and learn

Cun mes de acceso gratuíto a sopas de letras, lecturas, xogos numéricos, etc. Nesta ligazón se pode acceder ás actividades: https://smileandlearn.com/

 

4. Experimentos – Tensión superficial e Canón de vórtice:

- Tensión superficial: poñémoslle a un prato con auga, unha capa de pementa en po, mollamos o dedo en xabón quitagrasa (lavavajillas) e veremos como ao tocar o auga, a pementa foxe.

Aquí atoparás unha explicación: https://www.youtube.com/watch?v=Lb0fnsCiOIY

- Canón de vórtices: xoguete científico que impulsa o aire a distancia xerando correntes con forma de espiral. 

      Como se fai paso a paso (minuto 5 do vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=NwvnPaMMf7A )

      Se queres ampliar coñecementos: https://es.wikipedia.org/wiki/Ca%C3%B1%C3%B3n_de_v%C3%B3rtices

 

 

ACTIVIDADES 17 de marzo de 2020:

1. Aplicación de móbil – Pinturillo

Esta é unha aplicación gratuíta para o teléfono coa que poder xogar ao Pictionary doutro xeito, competindo. Pódese xogar coas persoas coas que vives, con xente doutras casas que invites a unha partida ou “contra a máquina”.

 

 2. Receita – Mug Cake

Este é un biscoitiño para facer no microondas, preparado dentro dunha taza de almorzo en 5 minutos.

Ingredientes: Para una taza de 400 ml de capacidade

3 culleradas de Nutella

2 cucharadas de aceite de oliva suave

1 huevo

3 cucharadas de azúcar

4 cucharadas de leche

6 cucharadas de harina todo uso

1 cucharadas de cacao en polvo sin azúcar

1/2 cucharadita de levadura (polvos de fornear)

Decoración: améndoas o avelás picadas (opcional)

Elaboración:

Nun bol aparte ou na mesma cunca, mesturar ben usando un tenedor ou unhas varillas manuais os ingredientes líquidos como o aceite, o leite e o ovo.

Engadir o azucre e a Nutella. Volver bater ben.

Peneirar a fariña xunto co cacao e a levadura, e incorporar á anterior mestura, aos poucos e remover ata que quede todo ben ligado.

Introducir a cunca no microondas e cocer a máxima potencia (800w) durante 1 minuto e ir aumentando en intervalos de 10 segundos, ata que ao picar no centro do biscoito cun escarvadentes, este salga limpo. No meu caso, en 1 min 50 seg estivo listo!

En só 5 minutos, terás un biscoito tenro e cremoso no seu interior! Iso si, degústao recentemente feito ou como moito templado, xa que ao arrefriarse a masa secarase. Bo proveito!

Uns consellos:

- Vixía en todo momento a cocción, porque o tempo varía segundo a potencia do teu microondas e non todos quentan por igual. Hai que collerlle o punto!

- A masa do biscoito non debe exceder a cunca, deixa sempre uns 2 dedos de espazo até o bordo (uns 2 cm), para evitar que se desborde a masa durante a cocción.

- Pode suceder que o biscoito non saia igualado na superficie, e subise máis por unha banda que por outro. Isto pódelo evitar se colocas a cunca no extremo do prato xiratorio, no canto de en o centro.

- Recoméndoche mesturar a masa aparte e logo verter na cunca, así te aseguras de deixar o espazo dos 2 cm até o bordo.

- Os ingredientes desta receita están dados para unha cunca de 400 ml de capacidade, se utilizas unha máis pequena, a masa desbordarase, senón podes optar por usar 2 cuncas de 200 ml cada unha.

Neste enlace poderás atopar outros tipos de “mug cake”: https://www.pequerecetas.com/receta/mug-cake/

 

3Obra de teatro – “El paraíso de los niños”

http://teatroteca.teatro.es/opac/?locale=es#fichaResultados

Nesta ligazón poderás atopar esta obra infantil. Para acceder a ela simplemente haberá que crearse unha conta gratuíta (aquí está o acceso coa información do funcionamento  http://teatroteca.teatro.es/opac/?locale=es#login )

 

4. Obradoiro – Zoo de tubos de cartón

Ante o numeroso consumo de papel hixiénico ofrecemos unha alternativa para darlle outra vida aos tubos de cartón. Desta volta propoñémoste crear un grupo de animais empregando a imaxinación e os materiais que teñas por casa: https://www.youtube.com/watch?v=nGCGhkhbPt0