Dentro do proceso educativo no tempo libre que desenvolvemos cos rapaces e rapazas, ademais dos encontros semanais locais e outros autonómicos ao longo do curso, ofrecemos a experiencia dun campamento de verán, onde nos xuntamos con rapaces e rapazas doutros centros salesianos nuns días de convivencia e aprendizaxe.

A oferta queda tal e como segue:

Movemento educativo

Cursos escolares

Data

Lugar

Prezo

Prezo irmáns socios

Preinscrición

Saltimbanquis

1º-3º EP

26-28 xuño

Allariz

65 €

50 €

15 €

Andaina

4º-6º EP

7-15 xullo

Carballiño

209 €

165 €

50 €

ADS

1º-2º ESO

7-15 xullo

Castrelo (Cambados)

209 €

165 €

50 €

Iniciación ao Catecumenado

3º-4º ESO

15-23 xullo

Castrelo (Cambados)

202 €

160 €

50 €

Catecumenado

1º-2º Bach (ou equivalente)

15-23 xullo

A Rúa

202 €

160 €

50 €

3º e Post-Catecumenado

Universidade (ou equivalente)

26-29 xullo

A Coruña

60 €

45 €

15 €

Como vimos facendo nos últimos anos, debido á grande demanda que existe e tentando facilitar a organización familiar, establécese agora un período de preinscrición necesaria e que remata o 29 de febreiro. A formalización de devandita preinscrición farase coa entrega dos datos e o sinal económico indicado no cadro anterior.

Aspectos a ter en conta das distintas fases de inscrición:
- Período de preinscrición: dende agora ata o 29 febreiro. En caso de inscribirse despois, non se pode garantir praza. Ao rematar este período xa non se reembolsa a preinscrición.
- Período de inscrición: 29 febreiro – 31 de maio. Cando se remata este período xa non se reciben máis inscricións e non se reembolsa nada.

Seguimos á vosa disposición en Abertal na rúa Venezuela 3 baixo ou no teléfono 986 22 56 62, para calquera dúbida que poda xurdir.