... no do fútbol! Pachanga na Ronda Don Bosco.
Os martes, na Ronda, hai pachanga de fútbol, unha actividade deportiva de barrio. Xuntámonos no patio do colexio Salesianos para xogar unha pachanga entre veciños, veciñas e todo o mundo que lle paeteza sumarse. Porque somos un barrio saudable, anímate e convida á túa xente!

A PACHANGA NA RONDA é un encontro que forma parte do proxecto PARTICIPA que EMAÚS GALICIA desenvolve co obxectivo de xerar espazos de relación entre persoas con historias, situacións e procedencias vitais moi diversas, que sería moi difícil que se coñecesen se non facemos algo por fomentalo.

En Emaús Galicia traballamos pola mellora da calidade de vida, a inclusión e a transformación social, combatendo a desigualdade, a discriminación, a soidade e a invisibilidade.

*Esta actividade nace da colaboración co Colexio Salesianos, o Centro Xuvenil Abertal e a Fundación Juan Soñador.