Co ánimo de seguir favorecendo a conciliación familiar e tamén co obxectivo de seguir dando a coñecer o proxecto educativo que levamos a cabo desde o Centro Xuvenil Abertal e tendo en conta tamén a nosa colaboración coa ANPA do colexio salesiano, facemos a seguinte proposta: levar a cabo as “VII MAÑÁS DE SEMANA SANTA”:

  • Datas: 15, 16, 17 e 22 de abril
  • Lugar: Instalacións do Centro Xuvenil e do Colexio.
  • Destinatarios: Nenos e nenas desde 4º de E. Infantil (3 anos), ata 6º de E. Primaria incluídos.
  • Horario:

        * Entrada: de 9,30 a 10,00h.

        * Saída: de 13,30 a 14,00h.

  • Prazo de inscrición: preferencia para o alumnado do colexio e persoas socias de Abertal do 16 ao 26 de marzo (ambos os dous incluídos). Do 27 de marzo ao 7 de abril ábrese o prazo para os demais interesados.
  • Servizo de gardería: a partir das 8,45 h, sen custo.
  • Cota:

 

Cota normal

Socio/Colexio/Irmán

Actividade completa

30€

25€

 

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis novos, promover unha Semana Santa activa e participativa axeitada ás idades dos participantes e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

 

As inscricións realizaranse na seguinte ligazón: www.abertal.org/mdsemanasanta19

Horario de Información e pagos: 09:30 a 13.30 e de 16:30 a 19:30 horas.

Teléfono: 986 22 56 62/606 64 42 46      Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que fale directamente con Segundo Cousido para buscar a mellor solución.