Como xa vimos de comunicar, trasladamos a Festa dos Símbolos e a Acampada ao 23 e 24 de marzo de 2019. Informamos que a devandita acampada será en Vilán (fornelos de Montes). Convidámosvos a todas as familias Saltimbanquis, Andaina e ADS, a sumarvos á celebración relixiosa da entrega de símbolos que terá lugar o domingo ás 12,00 h. na igrexa de Vilán. Queremos que sexa un día das familias por eso animámosvos a gozar e preparar o xantar compartido (os fillos e fillas, poden regresar convosco).

Saída para a acampada: 23 de marzo ás 9,30 h. de Abertal

Regreso: 24 de marzo ás 18,00 h. en Abertal.

 

Importante: entregar asinada a autorización como moi tarde o martes 19 de marzo de 2019.