Pendente da concreción dalgunhas datas doutros campamentos (Mañás de Verán, Campamento Urbano, etc.), poñemos á vosa disposiciión a información dos Campamentos do Itinerario de Educación na Fe.

Como vimos facendo nos últimos anos, debido á grande demanda que existe e tentando facilitar a organización familiar, establécese agora un periodo de preinscrición necesaria e que remata o 28 de febreiro. A formalizaicón de devandita preinscrición formalízase coa entrega dos datos e o sinal económico da preinscrición indicado a continuación.

A preinscrición posibilita e garantiza o acceso á praza do campamento. A inscrición definitiva, coa entrega de todos os datos e a documentación precisa, formalizarase antes do día 31 de maio.

Para todas as familias que teñen fillos e/ou fillas en Iniciación e Catecumenado convocamos unha reunión informativa sobre este particular e outros relevantes dentro do Catecumenado que terá lugar o venres 1 de febreiro de 2019 ás 19,00 h. na aula Magna do Colexio Salesianos.

Para todas as familias do Itinerario infantil (Saltimbanquis, Andaina e ADS) convocamos unha reunión informativa sobre este particular que terá lugar o sábado 2 de febreiro de 2019, ás 12,30 h. na Aula Magna do Colexio Salesianos.