No camiño sinodal, o Movemento Xuvenil Salesiano de España e Portugal propón a celebración dun novo Campobosco nacional. Neste encontro percorreremos as terras onde naceu o carisma salesiano, a terra de Don Bosco e Nai Mazarello.

No Campobosco achegarémonos a Jesús e o seu Evanxeo a través da Palabra de Deus onde descubrimos rostros de mozos, fixarémonos no rostro de Jesús que inspirou aos nosos fundadores, deixarémonos confrontar pola fe que viviron Don Bosco, Nai Mazzarello, e os mozos do primeiro Oratorio. Neste Campobosco queremos dar protagonismo aos mozos do primeiro Oratorio, desde os mesmos criterios do Sínodo: a fe, o discernimiento, a vocación e o acompañamento.

Objetivos:
•   Implicarnos no Sínodo dos mozos desde a fe, o discernimiento vocacional e o acompañamento.
•   Facer experiencia de vida cristiá percorrendo os lugares onde naceu o carisma salesiano atopándonos con Jesús a través da experiencia de vida cristiá que viviron Don Bosco, Nai Mazzarello e os mozos do primeiro Oratorio.
•   Deixarnos cuestionar polos mozos santos que floreceron en Valdocco e Mornese.

“Irémos a medias”
Son as famosas palabras que Don Bosco dixo ao mozo Miguel Rua: Coñecín a Don Xoán Bosco en setembro de 1845. El tiña trinta anos. Eu oito. Convidado por un compañeiro, comecei a frecuentar o Oratorio fundado por Don Bosco, que entón estaba no Refuxio da marquesa Barolo. Así comeza, Miguel Rua a súa declaración no Proceso de Beatificación de Don Bosco (1895).

Ao ir e ao volver da escola, Miguel atopábase algunha vez con Don Bosco. Corría ao seu encontro con alegría, bicáballe a man, e preguntáballe: Quéreme dar unha estampa?

Don Bosco, coma se non ouvise nada, púñalle na cabeza a súa bonete de sacerdote, presentáballe a palma da man esquerda e, coa dereita, facía un xesto como de cortala pola metade: Toma, Miguelito, toma!

Miguel quedaba desconcertado. Estreitaba aquela man e, supomos, que pensaría: Que me quererá dicir? Don Bosco, simplemente dicíalle: Xa o comprenderás máis tarde. En Valdocco Miguel preguntou a Don Bosco: Acórdase dos nosos primeiros encontros, cando ía a clase cos Irmáns de La Salle? Eu pedíalle unha estampa, e vostede facíame o sinal de querer darme a metade da man. Que quería dicirme? Xa deberías comprendelo ?díxolle Don Bosco serio-. Quería dicir que contigo o fariamos todo a medias.

Preguntas e respostas do Campobosco 2018

Quen imos?
•   Mozos que non participasen noutro Campobosco.
•   Con idade mínima: cumprir os 19 anos no ano natural.
•   Con experiencia de grupo cristián, preferentemente animadores.
•   Que participasen en reunións de preparación previas ao Campobosco.

Cando vamos?

O Campobosco comeza o 29 de xullo e acaba o 7 de agosto.

Onde vamos?

 e os seus pobos, Valdocco son algúns dos lugares que visitaremos. Para que vaias abrindo boca, deixámosche un video do Campobosco pasado donde os mozos, como o teu, fanche de guía para que saibas que vas ver.

Como vamos?

A viaxe do Campobosco realízase en autobús. Todos os autobuses están pensados para o maior goce e o máximo confort durante a viaxe. Apostando por empresas de calidade nos seus autobuses e por un persoal altamente cualificado.

Cantos vamos?

Na última edición do Campobosco, 400 mozos de España e Portugal gozaron da experiencia. Este ano pretendemos chegar aos 450 participantes.

Canto vale?

O custo total do Campobosco é de 450 euros. Viaxes, seguros, aloxamento, materiais, comidas, todo está incluído no prezo. Para facilitarche o pago, propómosche dous pagos. Un inicial de 150 euros, como reserva de praza (ata o 1 de maio) e outro final de 300 euros, antes do 15 de xuño.

Como pago?

Por transferencia bancaria. Para facilitar o pago total do Campobosco propómosche que nos fagas dous pagos. O primeiro cando fagas a preinscrición, como reserva de praza. Tes tempo ata o 1 de maio. Daquela o segundo pago ata o 15 de xuño.

Como me apunto?
Enche este formulario on line.
Te recomendamos que tengas preparada una foto tuya para la credencial en formato jpg y el justificante de haber realizado el pago de los 150 euros de reserva de plaza. Tendrás que adjuntar toda esta documentación en el formulario on line.

Pódome dar de baixa?

Sempre te podes dar de baixa. Debes saber que a devolución do pago da reseerva deplaza farase efectiva ata o 1 de maio, data en que se acaba a preinscrición. Para solicitar a devolución debes mandar un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. solicitando por escrito a túa baixa.

Tes máis dubidas?

Deixámosche algúns vídeos do último Campobosco.
Video Campobosco 2014: Actividades
Video Campobosco 2014: Crónica
Video Campobosco 2014: Amigos

Sempre podes preguntar aos teus coordinadores de pastoral xuvenil ou aos mozos do teu colexio ou centro xuvenil que participaron no Campobosco 2014, pero de todos os xeitos, deixámosche un mail para que nos consultes as túas dúbidas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Lembra: #CPB18 #IremosAMedias