Preinscrición nos Campamentos de Verán

do Itinerario de Educación na Fe

 

Benqueridas familias:

O Centro Xuvenil Abertal da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia está a organizar a campaña de verán xunto coas demais entidades salesianas, continuando coas pautas do ano pasado.

Artellamos o seguinte proposta para dar resposta á demanda e tentar darlle forma do mellor maneira posible.

A apertura do período de preinscrición desde o mes de febreiro ata o 23 de marzo, posto que cada campamento terá un máximo de participantes en función do aloxamento e das idades.

A continuación detallamos o proceso de inscrición:

  • Desde esta semana ata o 23 de marzo, preinscrición aos campamentos de Saltimbanquis, Andaina, ADS e Catecumenado. A preinscrición e reserva de praza farase por orde de entrega na secretaría de Abertal.
  • Xunto coa preinscrición entregarase un primeiro pago do campamento de 50€, excepto Saltimbanquis, 3º Catecumenado e Post-Catecumenado que será de 15€.
  • A partir do 23 de marzo, en caso de baixa, non se devolven os cartos da preinscrición.
  • A partir do 16 de abril e ata o 31 de maio formalizarase a inscrición de participantes, no centro xuvenil, entregando a documentación necesaria e facendo o segundo pago do campamento e soamente poderán inscribirse novos participantes se quedasen prazas libres.
  • Faremos un desconto de irmáns a partir do segundo membro, nos campamentos máis económicos.

CAMPAMENTO

DATAS

LUGAR

PREZO

PREZO 2º IRMÁN

Saltimbanquis

29 xuño-1 xullo

Allariz

65 €

50 €

Andaina

15 xullo-23 xullo

Foz/A Rúa

209 €

160 €

ADS

15 xullo-23 xullo

Castrelo (Cambados)

209 €

160 €

Iniciación I e II

7 xullo-15 xullo

Castrelo (Cambados)

202 €

155 €

Catecumenado I e II

30 xuño-7 xullo

Castrelo (Cambados)

182 €

140 €

3º e Post-Catecumenado

25 xullo-28 xullo

Tui

60 €

45 €

 

(*) En función do número de preinscritos pode variar en data e lugar.

Queremos deste xeito facilitar a vosa organización e tamén a nosa.

Para unha presentación máis polo miúdo e para outras informacións convocaremos sendas reunións:

  • Alternativa Vaivén: 24 de febreiro de 2018 as 12:00h
  • Catecumenado: 23 de febreiro de 2018 as 19:00h

 

Un agarimoso saúdo

Animadores e animadoras do Itinerario de Educación na Fe