Que é o SVE?

O SVE é unha experiencia de aprendizaxe no ámbito da educación non formal, na que as persoas novas voluntarias melloran ou adquiren competencias para o seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional, así como para a súa integración social.

Os voluntarios/as desenvolven a súa actividade nun país distinto do seu país de residencia. Esta actividade, non remunerada e sen ánimo de lucro, realízase a tempo completo durante un período determinado en beneficio da comunidade, de 2 a 12 meses. 

O programa cóbreche a viaxe ida e volta (en base a uns tramos quilométricos), o aloxamento, a manutención, diñeiro de peto para os teus gastos, transporte local, apoio lingüístico, seguro médico e apoio persoal e administrativo.

O teu labor é de apoio a un equipo de profesionais, no que se espera que achegues as túas ideas, motivación, enerxía e tempo, a cambio aprenderás moitísimas cousas a través dunha experiencia única, tanto da actividade que desenvolvas como de ti mesmo/a!

 

Que non é o SVE?

  • Un voluntariado ocasional, sen estruturar e a tempo parcial.
  • Un período de prácticas nunha empresa.
  • Un traballo remunerado, non debe substituír a un posto de traballo
  • Unha actividade de lecer ou turística.
  • Un curso de idiomas.
  • Explotación de man de obra barata.
  • Un período de estudos ou de formación profesional no estranxeiro.

 

 

Se xa estiveches connosco informándoche do SVE e estás animado a irche, no noso facebook SVE Abertal Vigo atoparás información sobre prazas vacantes, organizacións que están a buscar xente como ti para o seu proxecto!

Se aínda non pasaches por aquí para informarche, convidámosche a pasar os mércores e xoves pola Casa de Xuventude no horario de 09.30 h a 11.30 h e poder contarche todo o que necesitas saber para participar.

 

Experiencias de voluntarios que participaron

Por se quédache algunha dúbida, coñece as experiencias doutros mozos Vigueses como ti que xa participaron no SVE.

 

Aquí podedes botarlle unha ollada as últimas andas dos mozos e mozas o EVS: Xeorxia e Grecia