Mañás de Verán é un proxecto que pretende educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, buscando a conciliación da vida familiar e laboral, a través da participación e o traballo en equipo e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.

Datas:

  • do 26 ao 30 de xuño 2017
  • do 3 ao 7 de xullo 2017
  • do 10 ao 14 de xullo 2017
  • do 17 ao 21 de xullo 2017
  • en caso de demanda: do 24 ao 28 de xullo 2017


Horario:

Os horarios de actividade son de 9:30 a 13:30 de luns a venres, estando as portas abertas para a entrada de 9:00 a 9:30h. Ao mediodía para facilitar a recollida a porta estará aberta de 13:30 h a 14:00 h. (entrada e saída polo patio do colexio).

Co obxectivo de favorecer o máis posible a conciliación da vida familiar e laboral, ofertamos dous servizos especiais (ambos servizos só se levarán a cabo se hai un mínimo 10 persoas que o soliciten):

  • Servizo de madrugadores: de 7:45 a 9:00h por 1€/día.
  • Servizo de Friameira: de 14:00 h a 15:30 h os rapaces/as quedarían na compaña dos monitores e poden comer, traendo eles a comida da casa por 2€/día (contamos con frigorífico e microondas)

 

Contamos con 100 prazas/semana. Os destinatarios/as serán nenos/as dende 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria incluídos; dando prioridade ao alumnado do Colexio Salesiano e os socios/as de Abertal (80 prazas reservadas). 


Prazo de Inscrición: Do 8 de maio ao 26 de maio (só para alumnos/as do colexio Salesianos e socios/as de Abertal) e do 27de maio ao 9 de xuño para o resto de interesados/as (ou ata completar prazas).

Pódese participar semanas soltas ou campamento completo, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos. O tipo de actividades que se levarán a cabo serán, entre outras: obradoiros, grandes xogos, dinámicas, actividades de animación á lectura, deportes, saídas pola cidade, museos, praia, etc.


A cota a pagar por cada participante dependerá do número de semanas nas que participe, habendo tamén variacións no caso de que participen varios irmáns. Os prezos son:

 

Cota Non socio/a

Cota Socio Abertal

Cota Alumnado Colexio

Irmán non Socio(*)

Cota Irmán Socio(*)

1 semana

45 €

40€

35 €

2 semanas

75 €

70€

65 €

3 semanas

105 €

100 €

95 €

4 semanas

135 €

130 €

125 €

5 semanas

165 €

160 €

155 €

Servizo madrugadores: 1  €/día       Servizo Friameira: 2 €/día

*A diferenza de prezo é asumida por Abertal cunha colaboración da ANPA do colexio Salesiano.

Documentación que hai que entregar:

•    Fotocopia tarxeta sanitaria do neno/a
•    Foto (co nome do neno/a por detrás)
•    Fotocopia DNI do pai/nai/titor